Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

PROPOSTA DE RESOLUCIÓN PROVISIONAL DA XUNTA DIRECTIVA DO GALP COSTA DA MORTE 2026

A Xunta Directiva do GALP Costa da Morte, en xuntanza celebrada  o día 31 de marzo de 2026, vista a proposta de resolución provisional do equipo técnico do GALP, e de conformidade cos criterios establecidos na Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) e na ORDE do 12 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2026, tramitada como anticipada de gasto, aprobou PROPOSTA DE RESOLUCIÓN PROVISIONAL para os proxectos presentados ao abeiro da citada Orde de Axudas, que pode consultarse no seguinte ficheiro:

PROPOSTA PROVISIONAL XUNTA DIRECTIVA

A citada proposta de resolución provisional foi publicada no taboleiro de anuncios do GALP e non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos. Outórgase un prazo de alegacións contra ela de 10 días hábiles computados dende a data de publicación, segundo o establecido no artigo 20 da citada Orde de Axudas. De non haber alegacións, finalizado o prazo indicado, a proposta será definitiva de conformidade co artigo 20 da Orde de Axudas.