
Hoxe falamos con Beatriz Verdes Veiga, filla e neta de mariñeiros, promotora de Cabanas de Vendaval en Barizo, Malpica de Bergantiños.
Un campamento turístico singular na Costa da Morte, con 5 cabanas de madeira de tipoloxía mariñeira, conta con unha exposición permanente de artesanía de carpintería de ribeira e infografía mariñeira.
Como están as obras, foi difícil a súa xestión neste tempo de estado de alarma?
A obra está lista para poder abrir o público, estou tramitando a última documentación no Concello e en Turismo.
Tivemos varias complicacións pola situación dada polo covid19, atrasos nas entregas de material, retencións de pedidos en aduanas, dificultades cos trámites administrativos... que pouco a pouco, con esforzo e dedicación, fomos superando.
Ten fecha prevista de apertura, e con que medidas fronte o covid19?
Facemos unha xornada de portas abertas o sábado 27 de xuño a partir das 16:00horas, e abriremos o antes posible, estamos cos últimos trámites administrativos.
As características propias do aloxamento axudan fronte o covid19, xa que as cabanas son individuais e teñen código de entrada. A prioridade neste momento é a hixiene e desinfección por este motivo mercamos unha máquina de ozono portátil e dispoñemos de xel hidroalcohólico e máscaras.
Que ten de diferente o seu proxecto fronte os que xa hai pola zona?
O noso proxecto diferenciase pola seu enclave, nunha aldea de tradición mariñeira, berce dos percebeiros da zona, pola súa estética e simbolismo imitando as cores das casas mariñeiras e pola súa historia, dentro da recepción hai un pequeno museo homenaxe a meu avó que foi carpinteiro de ribeira.
Para mais información sobre o proxecto: https://cabanasdevendaval.com/
https://www.facebook.com/cabanasdevendaval/