O proxecto “Creación do Centro de Día CAAM”, promovido no municipio de Sada, nace da necesidade de dar resposta ao envellecemento progresivo da poboación, especialmente da comunidade mariñeira local. O centro pretende ofrecer un servizo de atención diúrna integral para persoas maiores, combinando coidados profesionais cun programa de actividades terapéuticas, culturais e sociais. Ao mesmo tempo, ofrece un apoio esencial ás familias coidadoras, facilitando a conciliación e o descanso.
Este proxecto aposta por un modelo centrado na persoa, baseado na confianza, a proximidade, a dignidade e a calidade do servizo. Ademais, intégranse criterios de sustentabilidade ambiental, igualdade de xénero, posta en valor do patrimonio mariñeiro e xeración de emprego feminino.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
-
Previr o deterioro cognitivo, físico e emocional das persoas maiores.
-
Evitar o illamento social e fomentar a participación activa.
-
Ofrecer un espazo de confianza e apoio ás familias coidadoras.
-
Fomentar o coñecemento e valorización da cultura e patrimonio mariñeiro.
-
Crear emprego digno, con especial atención á contratación de mulleres mozas.
-
Garantir a sustentabilidade do servizo a medio e longo prazo.
-
Promover valores de igualdade, inclusión e diversidade.
-
Incorporar criterios ambientais no funcionamento do centro.
-
Incremento da calidade de vida das persoas maiores usuarias.
-
Redución da carga física e emocional das familias coidadoras.
-
Fomento do arraigo, a autoestima e a utilidade percibida das persoas maiores.
-
Preservación da memoria colectiva e do patrimonio cultural mariñeiro.
-
Xeración de emprego de calidade, especialmente para mulleres novas.
-
Maior concienciación social en valores de igualdade, inclusión e diversidade.
-
Mellora ambiental grazas ao transporte eficiente e á redución do uso de vehículos privados.
-
Sustentabilidade do centro como servizo estable e necesario para a comunidade local.
-
Talleres diarios de estimulación cognitiva, emocional e física, adaptados ao nivel de deterioro de cada persoa.
-
Actividades de memoria colectiva baseadas en tradicións do mar, música, bailes e tarefas cotiás.
-
Saídas culturais e visitas á lonxa local para reforzar a conexión coa identidade mariñeira.
-
Programas de expresión emocional, apoio psicosocial e combate da soidade non desexada.
-
Traballo en grupos reducidos, fomentando a igualdade e o respecto aos ritmos individuais.
-
Obradoiros manuais para mellorar a motricidade fina e gruesa.
-
Implicación de asociacións locais e das propias persoas usuarias na definición das actividades.
-
Uso de produto local e do mar como parte das actividades alimentarias e culturais.
-
Oferta de transporte adaptado, con rutas optimizadas para reducir a pegada de carbono.
-
Xestión sostible: uso de equipamentos enerxeticamente eficientes e xestión de residuos a través de empresas autorizadas.
-
Actividades de sensibilización sobre igualdade, diversidade e non discriminación.
Obxectivo estratéxico 4. Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo.
Obxectivo específico 4.1. Poñer en valor o benestar social e o patrimonio cultural como elementos dinamizador da diversificación da zona costeira, contribuíndo ao reforzo da identidade territorial, á proxección internacional e a dinamización social e turística.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

