Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Comeza o proxecto Relevo2020 para garantir o relevo xeracional no mundo do mar

  • O programa de formación tamén apostará pola sensibilización co medio que nos rodea
  • A iniciativa está promovida por cinco dos oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro que hai en Galicia

Ben puntual, ás 18.05h daba comezo onte no auditorio do Museo do Pobo Galego o Acto de Presentación do proxecto RELEVO2020 e facíao da man dunha mesa de mulleres: 

- Fátima Abal, alcaldesa de Cambados e membro da xunta directiva do GALP Ría de Arousa, grupo coordinador do proxecto,

- Susana Rodríguez Carballo, directora xeral de desenvolvemento pesqueiro e 

- Rosa Carballo, xerente do grupo de acción local de pesca Ría de Arousa.

Si nalgo coincidiron as intervencións foi en destacar a importancia da formación con mozos e mozas e en sensibilizar de cara ao entorno que nos rodea e en concreto en canto ao sector pesqueiro que, tan  descoñecido resulta á veces aínda para algunhas persoas.

O cambio de mesa deu paso á parte máis técnica da iniciativa na que, a xerente do GALP de Arousa estivo acompañada de María Calvo a asistencia técnica do RELEVO2020. Despois de abordar asuntos como o programa formativo e a súa duración, as actuacións, prazas ou requisitos de acceso, o peche e despedida veu da man de José Antonio Pérez Sieira, presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores que fixo un chamamento ás entidades do sector para colaborar na iniciativa e poñer todos o noso gran de area para “fixar o rumbo” e acadar o tan desexado relevo xeracional.

Marcado pola recén entrada en vigor de medidas máis restrictivas na capital galega por mor da COVID-19, o evento caracterizouse por un exquisito cumprimento por parte dos asistentes das medidas de prevención e hixiene establecidas.

Os xardíns do Museo do Pobo Galego foron o escenario no que os 43 asistentes ao acto puideron degustar unha ampla variedade de produtos do mar, característicos dos territorios dos cinco GALP promotores.

Comeza o proxecto Relevo2020 para garantir o relevo xeracional no  mundo do mar_xardin

Sobre o inicio das actuacións

Séguense a recibir inscricións e o formulario continuará aberto sen data de peche para facilitar que todas as persoas intereadas poidan acceder. As persoas inscritas terán contacto xa coa organización na vindeira semana para ultimar detalles e información de cara ao comezo.

Nestes días o GALP está a ultimar os contactos coas diferentes entidades colaboradoras. Entre elas centros educativos, que se amosaron moi interesados no programa, que ten como obxectivo achegar tamén á rapazada ao mundo do mar.

Para máis información: 

Podedes visitar a web do proxecto relevo2020.org ou escribir á dirección de correo info@relevo2020.org Tamén contactar coa asistencia técnica no móbil 633 33 54 63.