
Baixo a premisa de que non se pode conservar o que non se coñece, proponse a realización de charlas informativas sobre o medio mariño, seguidas de saídas de campo prácticas. Estas charlas e saídas de campo estás deseñadas para educar e concienciar a diferentes audiencias sobre a importancia dos ecosistemas mariños, a súa biodiversidade, conservación e os impactos humanos neles. As charlas terán unha duración de 90 minutos e centraranse en temas como a vida mariña, a importancia dos océanos para o clima e a biodiversidade, as especies que podemos atopar nos nosos mares máis próximos, a contaminación mariña, a pesca sostible e a conservación de especies en perigo de extinción. As saídas de campo prácticas, de 2 horas de duración, permitirán aos participantes ter unha experiencia directa co medio mariño, observar a vida mariña na súa contorna natural, comprender os conceptos discutidos nas charlas e aprender sobre prácticas de conservación e manexo sostible dos recursos mariños.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Los principales objetivos son:
- Educación ambiental: Proporcionar información e coñecementos sobre a importancia do medio mariño nos ecosistemas globais, así como sobre as ameazas que enfrontan e medidas necesarias para a súa conservación.
- Sensibilización: xerar conciencia sobre a importancia de conservar os ecosistemas mariños e fomentar actitudes e comportamentos responsables cara a eles.
- Experiencia práctica: brindar aos participantes a oportunidade de interactuar directamente co medio mariño a través de saídas de campo, o que pode aumentar a súa conecxión emocional coa contorna mariña e fortalecer o seu compromiso coa conservación.
- Fomento da acción: inspirar aos participantes para tomar medidas concretar para protexer e conservar o medio mariño, xa sexa a nivel individual, comunitario ou mediante a participación en iniciativas de conservación.
- Contribuir ao cumprimento do Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS) número 14: "Vida submariña"
Os resultados que se esperan acadar son:
- Maior conciencia e coñecemento: que os participantes adquiran un maior coñecemento sobre a importancia do medio mariño, a súa biodiversidade, os impactos humanos nos océanos e as medidas de conservación necesarias.
- Cambios de actitudes e comportamentos: que as charlas e as experiencias prácticas inflúan nas actitudes e comportamentos dos participantes cara ao medio mariño, fomentando prácticas máis responsables e sostibles,
- Participación activa na conservación mariña: que os participantes síntanse inspirados a involucrarse activamente na conservación do medio mariño, xa sexa a través de accións individuais, participación en iniciativas comunitarias ou apoio a políticas de conservación.
- Marios compromiso coa acción climática e adopción de medidas para mitigar os impactos ambientais.
- Fortalecemento dunha comunidade comprometida coa protección dos océanos e os ecosistemas mariños.
As actividades a realizar son 4 diferentes e dirixidas a dar a coñecer o medio mariño, facendo fincapé nas características e recursos deste medio no ámbito do GALP Golfo Ártabro Sur:
- Unha sesión formatica sobre medio mariño (90 minutos): revisaranse conceptos como dinámica mariña, correntes, cambio climático, contaminación, características do NE Atlántico e do Golfo Ártabro.
- Unha sesión formativa sobre a fauna mariña (90 minutos): especies máis comúns no arco ártabro como identificalas, observalas, actuacións de conservación, efectos do cambio climático e problemáticas actuais.
- Un obradoiro sobre a flora mariña (90 minutos): especies comúns no arco ártabro, identificación, aplicacións e usos, efectos do cambio climático, especies invasoras.
- Unha saída de campo (2 horas) a un lugar da costa de cada concello, e, de non ser posible, dun lugar cercano do concello veciño.
Obxectivo estratéxico 3: Impulso e aproveitamento do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluídas as operacións de mitigación do cambio climático.
Obxectivo específico 3.1: Conseguir un sector pesqueiro máis resiliente, a través de prácticas profesionais sostibles.
Actuación 3.1.1: Fomento do coidado e protección do patrimonio ambiental da zona pesqueira.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

