Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Innovación peixería Marina

Peixería Marina

O proxecto consiste na modernización da Peixería Marina, situada en Maniños (Fene), mediante a adquisición de novas básculas homologadas adaptadas á normativa vixente. O investimento permitirá mellorar os procesos de pesaxe, facturación e trazabilidade dos produtos pesqueiros, garantindo o cumprimento da Lei Antifraude. A actuación contribúe á consolidación dun comercio especializado na venda de peixe e marisco, reforzando a modernización da actividade comercial vinculada ao sector pesqueiro e favorecendo a continuidade dunha iniciativa empresarial promovida por unha persoa moza.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Brais Figueiras Conde
Datos de interese: 
https://www.facebook.com/Peixeriamarina
Perfil empresarial: 
Autónomo
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de decembro 2025 FEMPA
Convocatoria - ano: 
2026
Data de aprobación: 
09/07/2026
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
8
Anualidades: 
1
Data fin de execución: 
31/10/2026
Ámbito de aplicación: 

Fene

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
5.215,10€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
5.215,10€
Total axuda pública aprobada (€): 
2.346,80€
% Subvención: 
45
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
1.642,76€
FEMP (%): 
70
CA (€): 
704,04€
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
2
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
  • Modernizar a pescadería adaptándoa ás novas esixencias legais en materia de pesaxe e facturación.
  • Mellorar a trazabilidade, a transparencia e o control na comercialización de produtos pesqueiros.
  • Consolidar unha iniciativa empresarial liderada por unha persoa moza, favorecendo o relevo xeracional.
  • Contribuír á modernización e competitividade do comercio minorista vinculado ao sector pesqueiro.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  • Adaptación da pescadería á normativa vixente mediante a incorporación de equipamento homologado.
  • Mellora da eficiencia e da fiabilidade dos procesos de venda e facturación.
  • Mantemento da actividade económica e dos dous postos de traballo asociados ao establecemento.
  • Reforzo da competitividade do comercio local e valorización dos produtos pesqueiros de proximidade.
Principais actividades do proxecto: 

Co obxectivo de modernizar o funcionamento da pescadería e adaptala ás novas esixencias normativas en materia de pesaxe, facturación e control fiscal, Peixería Marina leva a cabo a adquisición de novo equipamento tecnolóxico para a súa actividade comercial. As actuacións centrais do proxecto inclúen:

Incorporación de dúas balanzas con programa TPV de xestión, homologadas e adaptadas á normativa vixente, que permitirán mellorar os procesos de pesaxe, facturación e emisión de tickets, garantindo o cumprimento da Lei Antifraude.
Modernización do sistema de xestión comercial da pescadería, reforzando a trazabilidade, a transparencia e a eficiencia na comercialización de produtos pesqueiros.

Estas actuacións supoñen unha mellora significativa na xestión diaria do establecemento, favorecendo a súa adaptación ás novas obrigas legais, incrementando a eficiencia operativa e contribuíndo á consolidación dun comercio especializado vinculado ao sector pesqueiro.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo 1. Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.

Obxectivo específico da EDLP: 

1.1. Dotar ao sector pesqueiro de recursos e ferramentas que lle dean máis competitividade e valor ao produto e as profesións relacionadas co mar.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)