Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Demostración Oficios do Mar en Pontedeume

Confraría de Pescadores de Pontedeume

O pasado luns día 12 tivo lugar en Pontedeume o Obradoiro Demostrativo dos Oficios do Mar  das Artes de Pesca na Confraría de Pescadores de Pontedeume.

 

Esta actividade está incluída dentro do proxecto de cooperación"Galicia Norte, Mares de Experiencias", que é un proxecto promovido polo GALP Golfo Ártabro Norte e o GALP A Mariña - Ortegal para impulsar a cooperación interterritorial do turismo mariñeiro, dinamizando así a economía da costa norte de Galicia.

 

Adiantamos que o vindeiro obradoiro demostrativo será de marisqueo en Miño, o venres 23 de novembro ás 11 horas na zona da marisma da praia grande de Miño.