Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Mulleres mariñas do Golfo Ártabro Norte

O GALP Golfo Ártabro Norte estrea a serie audiovisual Mulleres mariñas do Golfo Ártabro Norte

O GALP Golfo Ártabro Norte presenta o primeiro audiovisual da serie Mulleres mariñas do Golfo Ártabro Norte, unha iniciativa que busca poñer en valor o papel das mulleres no sector pesqueiro e mariñeiro, visibilizando o seu traballo, experiencia e contribución ao desenvolvemento das comunidades costeiras.

Nesta primeira entrega coñecemos a Elsa, vinculada á Confraría de Pescadores de Ferrol, quen comparte a súa experiencia profesional e familiar ligada ao mar, amosando a importancia da tradición, do relevo xeracional e da adaptación do sector aos novos tempos.

O vídeo ofrece unha visión próxima do día a día na lonxa e destaca tamén o valor da formación e das oportunidades de incorporación laboral no ámbito das peixerías e da comercialización de produto de proximidade.

Esta acción forma parte das iniciativas de divulgación impulsadas polo GALP para promover a cultura mariñeira e recoñecer o labor das mulleres do mar no territorio do Golfo Ártabro Norte.