
O Concello de Narón para contribuír á mellora do contorno natural e a calidade ambiental leva a cabo distintas accións compatibilizando os usos do litoral con os usos máis sociais, culturais e turísticos sen que estes supoñan unha ameaza para o medio ambiente ou a integridade do territorio. Realizaranse accións formativas e de divulgación, tanto para dentro do territorio como para fora, as internas co obxectivo de que a poboación de Narón sexa coñecedora de todas as accións e se involucre nas mesmas. Por outro lado, coas accións externas, busca dar a coñecer o proxecto, pero co obxectivo principal de dar a coñecer os produtos resultantes para poder conseguir máis visitantes no concello, e mais e mellor consumo dos produtos e as actividades vinculadas co noso mar. As actividades a realizar son: cursos de conservas e salazón e de algas e sushi; Aula itinerante marítimo costeira; Xornada da Ría: Historia, produtividade e estado; rutas medioambientais.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Aumentar o número de visitantes ao Concello de Narón
Conxugar un servicio público vencellado ao patrimonio e os produtos mariñeiros que deben ser tidos en conta en diferentes sectores: a natureza, a historia, a etnografía, a gastronomía, a cultura, as tradicións, os oficios, as prácticas pesqueiras....
Posta en valor da vila, do seu tecido socio-cultural creando unha marca e un escaparate único de Narón
Creación de produtos turísticos de carácter ambiental para romper coa estacionalización da demanda turística
Aumentar o número de visitantes ao Concello de Narón, un incremento das ventas do comercio local, dos produtos derivados da pesca tales como as conservas, a artesanía e tamén os de transformación; unha maior demanda de servizos de hostalería e restauración e dinamización da economía local coa promoción da vida mariñeira da vila.
Novas vías de turismo mariñeiro vinculado á natureza e máis aló do turismo de verán
Concienciar sobre a importancia medioambiental do medio mariño
Nas accións de formación e de creación da rede axudarase a diferentes colectivos do sector do mar a poñer á venda os seus produtos en colaboración con outros sectores do concello.
Actividade 1. Cursos de conservas e salazóns (10 horas).
Actividade 2. Curso de algas e sushi (8 horas).
Actividade 3. Xornadas medioambientais sobre contaminación marítima. Localización e retirada con itinerarios patrimoniais.
Actividade 4. Aula itinerante marítimo costeira.
Actividade 5. Xornada da Ría.
Actividade 6. Rutas medioambientais abertas ao mar.
Reforzo da comunidade no desenvolvemento local e da gobernanza, dos recursos pesqueiros e actividades marítimo locais
Articular dispositivos de participación para acadar espazos de creación de emprego.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)