Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Narón aberto ao mar

O Concello de Narón para contribuír á mellora do contorno natural e a calidade ambiental leva a cabo distintas accións compatibilizando os usos do litoral con os usos máis sociais, culturais e turísticos sen que estes supoñan unha ameaza para o medio ambiente ou a integridade do territorio.  Realizaranse accións formativas e de divulgación, tanto para dentro do territorio como para fora, as internas co obxectivo de que a poboación de Narón sexa coñecedora de todas as accións e se involucre nas mesmas. Por outro lado, coas accións externas, busca dar a coñecer o proxecto, pero co obxectivo principal de dar a coñecer os produtos resultantes para poder conseguir máis visitantes no concello, e mais e mellor consumo dos produtos e as actividades vinculadas co noso mar. As actividades a realizar son: cursos de conservas e salazón e de algas e sushi; Aula itinerante marítimo costeira; Xornada da Ría: Historia, produtividade e estado; rutas medioambientais.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Concello de Narón
Datos de interese: 
http://www.naron.es/
Perfil empresarial: 
administración local
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de decembro de 2018 bases reguladoras concesión axudas proxectos FEMP 2014-2020
Convocatoria - ano: 
2020
Data de aprobación: 
17/11/2020
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
13
Anualidades: 
2
Data fin de execución: 
31/10/2021
Ámbito de aplicación: 

Narón

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
32.846,05€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
24.671,90€
Total axuda pública aprobada (€): 
19.737,52€
% Subvención: 
80%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
16.776,89€
FEMP (%): 
85%
CA (€): 
2.960,63€
CA (%): 
15%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
50
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Aumentar o número de visitantes ao Concello de Narón

Conxugar un servicio público vencellado ao patrimonio e os produtos mariñeiros que deben ser tidos en conta en diferentes sectores: a natureza, a historia, a etnografía, a gastronomía, a cultura, as tradicións, os oficios, as prácticas pesqueiras....

Posta en valor da vila, do seu tecido socio-cultural creando unha marca e un escaparate único de Narón

Creación de produtos turísticos de carácter ambiental para romper coa estacionalización da demanda turística

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Aumentar o número de visitantes ao Concello de Narón, un incremento das ventas do comercio local, dos produtos derivados da pesca tales como as conservas, a artesanía e tamén os de transformación; unha maior demanda de servizos de hostalería e restauración e dinamización da economía local coa promoción da vida mariñeira da vila.

Novas vías de turismo mariñeiro vinculado á natureza e máis aló do turismo de verán

Concienciar sobre a importancia medioambiental do medio mariño

Nas accións de formación e de creación da rede axudarase a diferentes colectivos do sector do mar a poñer á venda os seus produtos en colaboración con outros sectores do concello.

Principais actividades do proxecto: 

Actividade 1. Cursos de conservas e salazóns (10 horas).

Actividade 2. Curso de algas e sushi (8 horas).

Actividade 3. Xornadas medioambientais sobre contaminación marítima. Localización e retirada con itinerarios patrimoniais.

Actividade 4. Aula itinerante marítimo costeira.

Actividade 5. Xornada da Ría.

Actividade 6. Rutas medioambientais abertas ao mar.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Reforzo da comunidade no desenvolvemento local e da gobernanza, dos recursos pesqueiros e actividades marítimo locais

Obxectivo específico da EDLP: 

Articular dispositivos de participación para acadar espazos de creación de emprego.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)