Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

NOVA Proposta de resolución Definitiva PRODUTIVOS Xunta Directiva GALP Golfo Ártabro Norte

1. En aplicación ao estipulado no artigo 24 da “Orde de Axudas do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2019”, a Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Norte elevou á Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro a proposta de resolución definitiva de concesión de axudas na primeira fase de adxudicación de axudas da convocatoria 2020 o día 26 de xuño. 

2. O día 16 de xullo de 2020, o Servizo de desenvolvemento das zonas de pesca (Consellería do Mar) procedeu á devolución da proposta de resolución de Xunta Directiva, tendo en conta o artigo 25.3 da Orde de Axudas, motivado en non estar conformes coas propostas acordadas desta directiva en oito dos proxectos propostos (seis proxectos produtivos e dous non produtivos). A Xunta Directiva en reunión mantida o 23/07/2020 acordou modificar os expedientes GALP2-142 e GALP2-143, quedando os restantes igual que na proposta emitida por esta Xunta Directiva o día 25/06/2020. Nesta mesma reunión quedou acreditada a titularidade do expediente non produtivo GALP2-123 cumprindo co artigo 20 apartado b) da Orde de Axudas do 21 de decembro de 2018, polo que acórdase que se manteña a proposta de concesión de axuda nos termos establecidos na reunión de Xunta Directiva do 25 de xuño de 2020.
 
3. O Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro, o día 31 de xullo de 2020 procedeu á segunda devolución da proposta de resolución de concesión de axudas da Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Norte, por non estar conformes coa mesma, solicitando que se revise a proposta do dia 23 de xullo e que se adecúe á elixibilidade dos gastos propostos de acordo co tratado na reunión presencial mantida o día 29 de xullo na Consellería do Mar.
 
4. Realizadas as correccións oportunas, a Xunta Directiva eleva a público unha nova proposta de resolución definitiva de proxectos produtivos da 1ª fase de adxudicación de axudas, Convocatoria 2020, tendo en conta as correccións realizadas nos Exptes. GALP2-127; GALP2-141; GALP2-142 e GALP2-143 , que será trasladada á Consellería do Mar para a súa aprobación definitiva. 
 
5. En relación á proposta definitiva de Xunta Directiva para proxectos non produtivos, por non haber variacións nos importes propostos, non procede emitir unha nova resolución definitiva desta Xunta Directiva ao respecto da enviada á Consellería do Mar o día 25 de xuño de 2020, para emitir as resolucións de concesións das axudas dos proxectos non produtivos, tendo en conta o artigo 25 da Orde de Axudas do 21 de decembro de 2018.
 
6. Outórgase un prazo de alegacións de 5 días hábiles contados dende a data da súa publicación no taboleiro de anuncios do GALP Golfo Ártabro Norte, que será o día 04 de agosto de 2020, para exclusivamente aqueles proxectos que sufriron modificacións: GALP2-127; GALP2-141; GALP2-142 E GALP2-143.