Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Proposta de resolución provisional Xunta Directiva GALP Golfo Ártabro Norte 2ª fase adxudicación axudas 2019

A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Norte en reunión celebrada o 27 de setembro de 2019 en Miño, seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou  prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo na 2ª fase de adxudicación de axudas da Convocatoria 2019, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na “Orde de Axudas do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2019”.

Preme nos seguintes enlaces para ver as resolucións provisionais:

Certificado Xunta Directiva resolución provisional Convocatoria 2019

Anexo I. Proposta provisional Xunta Directiva PRODUTIVOS Convocatoria 2019

Anexo II. Proposta provisional Xunta Directiva DESESTIMADOS Convocatoria 2019

Esta proposta de resolución provisional de Xunta Directiva para proxectos produtivos e non produtivos da Convocatoria 2019, non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto, estando suxeita á dispoñibilidade orzamentaria de crédito para proxectos produtivos para esta 2ª fase de adxudicación de axudas da convocatoria 2019.

Outórgase un prazo de alegacións de 5 días hábiles contados dende a data da súa publicación no taboleiro de anuncios do GALP Golfo Ártabro Norte, que será o día 1 de outubro de 2019.