Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Listaxe provisional proxectos convocatoria 2021 GALP5

Proposta de Resolución Provisional da Xunta Directiva para proxectos produtivos e non produtivos da Convocatoria 2021

 

A Xunta Directiva do GALP Ría de Arousa, en reunión celebrada onte, día 6 de abril de 2021 en Vilagarcía de Arousa, seleccionou provisionalmente os proxectos, produtivos e non produtivos, así como a listaxe de proxectos desestimados, debidamente motivados, segundo a súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo e de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na “Orde de Axudas do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020”.

Pode consultar no seguinte enlace, a resolución provisional coas valoración correspondentes:

https://galp.xunta.gal/ria-de-arousa/listaxe-provisional-proxectos-convocatoria-2021-galp5

 

Esta proposta de resolución provisional de Xunta Directiva para proxectos produtivos e non produtivos da Convocatoria 2021 estando suxeita á dispoñibilidade orzamentaria de crédito para proxectos produtivos e non produtivos para esta convocatoria de axudas 2021.

Esta proposta de Resolución Provisional non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos, estando condicionada á presentación de toda a documentación requirida, debendo estar dita documentación así como a xa presentada, segundo establece a orde de bases e a normativa vixente. Outorgarase un prazo de alegacións contra esta proposta de 5 días hábiles contados dende a data da súa publicación no taboleiro de anuncios do GALP RÍA DE AROUSA e na web, segundo establece o Artigo 24.3 da Orde de bases do 21 de decembro de 2018, da Consellería do Mar.