Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

MARISCOS BO MAR: Acondicionamento de local para a implantación dun centro de procesado de produtos pesqueiros locais

 

Co novo centro de procesado, a empresa MARISCOS BO MAR reforza a cooperación coa canle de restauración e hostalería, ofrecendo novos pratos a base de especies infravaloradas e novos sistemas de presentación para a súa incorporación ás canles de comercialización do promotor (ovas de ourizo conxeladas, navalla conxelada con golpe de vapor...). Como consecuencia, o sector primario verase fortalecido como fonte de aprovisionamento e saída de produtos do mar das rías galegas. 

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
MARISCOS BO MAR / Agustín Pérez Cadillo
Datos de interese: 
Rúa Correos nº 22 15960 Ribeira – A Coruña https://mariscosbomar.com/
Perfil empresarial: 
Empresario individual
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de decembro de 2018 bases reguladoras concesión axudas proxectos FEMP 2014-2020
Convocatoria - ano: 
2019
Data de aprobación: 
17/08/2019
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
3
Anualidades: 
1
Data fin de execución: 
09/08/2019
Ámbito de aplicación: 

Nacional

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
209.652,71 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
150.944,76 €
Total axuda pública aprobada (€): 
75.472,38 €
% Subvención: 
50%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
64.151,52 €
FEMP (%): 
85%
CA (€): 
11.320,86 €
CA (%): 
15%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
1
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O obxectivo xeral do proxecto e a mellora da competitividade do sector a través do aumento de valor engadido de pescado e mariscos principalmente orixinario da lonxa do porto de Ribeira e a creación de emprego de mocidade. Por outra banda, coa instalación da cociña degustación inténtase a integración e a cooperación na procura de novos produtos intimamente ligados coa restauración e hostalería local.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Comercialización directa e de proximidade coa pesca costeira artesanal e desenvolvendo unha política de aprovisionamento de pescados e mariscos da rías galegas baseadas nunha pesca responsable.

Fomento do consumo de especies infravaloradas. Coa incorporación da sala de degustación poténcianse as sinerxías e cooperación coa canle de hostalería e restauración.

Coas instalación tanto de cocción como de arrefriado procúranse novos produtos rematados de valor engadido como ovas de ourizo conxeladas, navalla conxelada con golpe de vapor, etc..

Creación dun novo posto de emprego feminino a tempo completo.

 

Principais actividades do proxecto: 

Distínguense dúas zonas principais dentro da distribución interior do local:

Unha primeira zona, é a de atención ao público, que engloba a zona de exposición de peixes e mariscos e a venda polo miúdo. A esta zona accédese directamente dende a vía pública (rúa Carlos Casares).

A segunda zona do local, é a zona de preparación da materia prima; cuxo destino é a venda por xunto, aínda que parte dela poida ir destinada ao propio punto de venda do local. Acédese dende a Rúa Xoana Torres, 5. Situado na parte traseira do local, pero con acceso ao público. Preténdese que o cliente poida ter acceso aos procesos de depuración e procesado; de maneira que se transmita por parte do negocio unha imaxe de transparencia e calidade. Distínguense  varias zonas:

- Zona de evisceración: destinada a limpeza do produto e tratamentos previos.

- Zona de Cocción.

- Zona de conxelado.

- Zona de etiquetaxe e envasado.

- Vestiarios de persoal.

Como anexo de unión existe unha zona de circulación, con entrada e saída independente do local e da zona de atención ao público; que se deseñou tendo en conta o fluxo de mercadoría; independizando o acceso e a exposición inicial do produto das zonas de elaboración e procesado final.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

OBXECTIVO ESTRATÉXICO 1: Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministración dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible a través du uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.

Obxectivo específico da EDLP: 

Obxectivo específico 1.1: Conseguir a cooperación entre entidades do sector para mellorar a valorización dos recursos pesqueiros a través da promoción comercial e a aposta pola súa calidade diferencial.

Obxectivo específico 1.2: Acadar a incorporación laboral ou profesional da  mocidade e a profesionalización do sector pesqueiro.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)