O obxectivo principal deste proxecto é o de fomentar a práctica da vela e deportes náuticos, é dar a coñecer a nosa natureza o ensinar a protexer o noso mar entre os máis novos, considerando que a mellor forma de levalo a cabo é transportando este coñecemento das aulas ao MAR, a través de actividades deportivas e ambientais dando a coñecer a nosa Ría, as nosas tradicións e o noso medio. Co Bautismo Náutico, os escolares terán unha oportunidade inmellorable para gozar da nosa Ría, compartindo con todas as persoas coas que están en clase unha experiencia única, na que diversión e emocións están garantidas.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Fomentar a práctica da Vela, os deportes náuticos, dar a coñecer a nosa natureza, as especies mariñas que habitan nas nosa Ría, e ensinar a protexer o noso mar e os nosos recursos naturais, a través de actividades deportivas e ambientais dando a coñecer a nosa Ría, as nosas tradicións mariñeiras e o noso medio natural. Este obxectivo está en íntima relación coa diversificación das actividades realizadas no marco da pesca ao respecto dun sector tan importante para a economía marítima como o desenvolvemento do turismo mariñeiro.
A actividade está programada para todos os centros escolares dos concellos de Sanxenxo, Poio e Pontevedra, para o alumnado entre os 6 e 17 anos. Aproximadamente para uns 4000 participantes.
O proxecto divídese en dúas etapas:
Do mar á aula: Desprazarémonos cun barco de vela e matenal didáctico ás aulas dos distintos centros educativos do municipio onde lles ensiñaremos aos alumnos os principios básicos e partes dunha embarcación e daremos a coñecer, a través de matenal didáctico, a riqueza que descubriremos na segunda etapa do proxecto, os lugares que visitaremos, a fauna que poderemos observar, a forma de conservar a nosa Ría.
Da aula ao mar: O alumnado desprazarase ás instalacións situadas no Porto Deportivo de Raxó onde terán un primer contacto co mundo da vela o embarcacións de recreo (Kayaks) sempre guiados polas persoas que componen o noso equipo técnico, que lles impartirán os principios
básicos para que todas as persoas poidan manexar as embarcacións
O proxecto da Aula ao Mar contribuirá a acadar todos estes obxectivos da seguinte forma: Obxectivo nº 2 sobre apoiar á diversificación dentro ou fóra da pesca comercial, apoio ao aprendizaxe permanente, á creación de emprego e a mellora do benestar social na zona costeira. Mediante o desenvolvemento de actividades náuticas relacionadas co deporte, ensinaremos á mocidade participante neste proxecto os recursos naturais e patrimoniais da nosa Ría de forma lúdica e desfrutando do seu tempo de lecer lonxe do sedentarismo. Ensinaremos ás escolas ademais, cales son os recursos que se explotan nesta Ría, a fauna e a flora, e cómo contribúen á riqueza económica do territorio. Para iso, nos roteiros deseñados polo equipo, achegaremos á mocidade á realidade do Mar, explicando os métodos de traballo que se utilizan, o patrimonio cultural que nos ofrece o territorio e métodos e formas que se poden poñer en marcha dende as súas casas, e dende accións pequenas, para respectar a biodiversidade e o medioambiente.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)