O proxecto PescTrans pretende a mellora nos medios de comercialización dos produtos da pesca artesanal comercializados a través da Lonxa de Bueu. Co fin de ofrecer mellores servizos aos usuarios da lonxa de Bueu, preténdese con este proxecto ofrecer o transporte dos produtos da pesca artesanal aos consumidores, para elo faise necesaria a adquisición dun furgón refrixerado axeitado para realizar este servizo. Prevese que este servizo de transporte vai supoñer unha maior demanda e maiores prezos de venda, xa que suponse que o número de posibles compradores vai a aumentar, debido a que deste xeito non van a ter a necesidade de acudir á lonxa para a adquisición dos produtos.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O obxectivo do proxecto PescTrans é mellorar a comercialización a través da Lonxa de Bueu dos produtos da pesca capturados polas embarcacións artesanais na Ría de Pontevedra, grazas a un servizo de transporte dende a lonxa ao comprador, sen coste adicional.
A Confraría
Creación dun servizo de transporte para os productos comercializados pola Lonxa de Bueu, de porta a porta.
Un dos exemplos máis salientables sería a comercialización do ourizo, recurso específico do que a Confraría de Pescadores de Bueu é a entidade responsable da xestión do Plan conxunto de explotación deste recurso na Ría de Pontevedra. O ourizo é un produto cunha demanda exponencial nos últimos anos, o que se traduciu nun aumento no seu prezo en primeira venda. Na actualidade a maioría dos compradores están situados na lonxa de Vigo o que fai necesario un medio de transporte axeitado para o desprazamento do produto ata o seu establecemento. A posibilidade de que a propia lonxa de Bueu ofreza este servizo de transporte vai a supoñer maiores rendementos económicos nos produtos, así como o mantemento óptimo da calidade dos mesmos.
Mellora da comercialización dos produtos pesqueiros artesanais. Así mesmo, o proxecto está moi ligado con outros proxectos desenrolados pola Confraría de Bueu que teñen como obxectivo promocionar e dar a coñecer os beneficios, en termos de sustentabilidade e de calidade, dos produtos da pesca artesanal. Estes proxectos permiten a diferenciación e posicionamento no mercado dos produtos da pesca artesanal, ao dotalos de valor engadido apreciado polos consumidores. Esta revalorización dos produtos contribuirá a promover o crecemento económico do sector e por extensión da contorna de Bueu.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)