Tuesday, 14 de May de 2024 - 01:05

O día 14 de maio de 2024 tivo lugar no salón de actos da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña o "I Foro transnacional de arquitecturas do mar".
A apertura do foro correu a cargo de Miguel Abelleira, Director da ETSAC, Marta Villaverde, Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro e Óscar Fuertes de SEALabHaus.
Presentáronse as casetas de Quilmas e intervencións en bordes mariños, a rehabilitación do asteleiro tradicional Ciprián e casetas de praia en Valdoviño, a rehabilitación da fábrica de salazón do porto de Aldán, a restauración de casetas de pescadores no Porto de Mutriku, a adecuación dunha antiga cetárea en Tapia de Casariego e a adecuación paisaxística e intervención en Almadraba en Lepe.

