Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Participación do GALP7 na xornada Camiños de futuro

“Camiño de Futuro”, unha iniciativa da Vicepresidencia Segunda e Conselleria de Economía, Empresa e Innovación xunto coa Consellería de Medio Rural e Conselleria do Mar, chega a Mos cun evento networking para difundir os distintos instrumentos de apoio a disposición das empresas galegas para aumentar a súa competitividade y crecemento económico.

A actuación, que conta coa axuda do GALP Ría de Vigo - A Guarda, terá lugar o 23 de marzo, na Axencia de colocación de Mos, Avenida Peinador, 39, Tameiga, e consistirá nunhas cortas presentacións dos apoios e recursos que ofrecen a Administración autonómica e outras entidades, e unhas mesas redondas coas pemes para dar a coñecer casos de éxito de cada comarca.

PROGRAMA

12:00 - 12:10 H.

Introdución do Programa Impulso á Innovación nas Pemes.

Patricia Argerey, Directora da Axencia Galega de Innovación

12:10 - 12:40 H.

Presentación Mapas de Apoios da Vicepresidencia Segunda e  Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

Patricia Fernández. GAIN

Miguel Fidalgo. IGAPE

12:40 - 13:00 H.

Presentación de Apoios doutras Consellerías (GDR e GALP).

Francisco González. Xerente do GDR-13 Asociación Condado - Paradanta

Gonzalo López Santos. Subdirector Xeral Consellería do Mar

13:00 - 13:30 H.

Mesa redonda con casos de éxito empresarial.

Jesús González López. Director-xerente de UTINGAL

Ornaldo García. Responsable de proxectos TESPA ENGINEERING PROJECTOS, S.L.

13:30 - 13:35 H.

Peche da xornada

13:35 H.

Café-Networking