
Creación e dotación dun centro de biodiversidade mariña cunha función científica (apoio aos proxectos de investigación sobre biodiversidade e ecosistemas mariños desenvolvidos pola Universidade de Vigo e o IEO) e divulgativa (cursos teórico -prácticos, conferencias, xornadas, saídas á costa) para sensibilizar á cidadanía, e en particular ao sector pesqueiro próximo, sobre a importancia do coñecemento e conservación da biodiversidade e dos hábitats mariños, locais e distantes para o desenvolvemento dunha pesca sustentable nun escenario de cambio climático
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O proxecto ten como obxectivo a creación e dotación dun Centro de Biodiversidade Mariña na Zona GALP Ría de Vigo–A Guardia, concretamente en Nigrán, con unha dobre funcionalidade, científica e divulgativa.
A nivel científico, o Centro apoiará os proxectos de investigación sobre biodiversidade e ecosistemas mariños desenvolvidos pola UVigo e o IEO, permitindo a conservación, dixitalización, divulgación e acceso ás súas importantes coleccións de fauna, únicas no mundo como rexistro de biodiversidade mariña.
A nivel divulgativo, o Centro contará cun espazo expositivo e páxina web propia, e desenvolverá actividades formativas e de divulgación (cursos teórico-prácticos, conferencias, xornadas, saídas á costa, etc.) para sensibilizar á cidadanía, e en particular ao sector pesqueiro próximo, sobre a importancia do coñecemento e conservación da biodiversidade e dos hábitats mariños, locais e distantes, para o desenvolvemento dunha pesca sustentable nun escenario de cambio climático.
- Dar visibilidade e proxección local, nacional e internacional á zona do GALP, poñendo en valor o extraordinario patrimonio que representan as coleccións de fauna mariña que nel se conservarán.
- Apoiar as actividades científicas dos proxectos desenvolvidos pola UVIGO e o IEO.
- Dar acceso ás coleccións organizadas no novo centro aos investigadores locais, nacionais e estranxeiros interesados.
- Achegar á sociedade a excelente investigación mariña que se realiza en Galicia, tanto na zona GALP, marcada por unha forte tradición mariñeira, como na Comunidade galega en xeral.
- Promover a cooperación coas confrarías e sociedades pesqueiras, actuando como medio de transmisión do coñecemento científico e asesoramento ao sector, cuxa falta foi identificada como unha das principais debilidades do mesmo no informe DAFO do EDLP.
- Diversificar a oferta cultural dunha das rexións de Galicia con maior relevancia a nivel pesqueiro e turístico, ao longo de todo o ano.
1) Almacenamento e conservación das coleccións de fauna mariña do IEO e da UVigo
2) Catalogación e dixitalización da información sobre as coleccións e fondos fotográficos asociados a elas para a súa difusión a través de portais de biodiversidade
3) Acollida de investigadores e estudantes en formación.
OE3 .Impulso e aproveitamento do patrimonio ambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluídas as operacións de mitigación do cambio climático
Posta en valor do patrimonio ambiental das zonas pesqueiras e acuícolas Fomento do patrimonio ambiental das zonas pesqueiras e acuícolas
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

