
O día 13 de xullo de 2023, representantes do GAC de Tenerife, realizaron unha visita de estudio ao GALP Ría de Vigo – A Guarda, co obxectivo de coñecer o traballo do noso territorio.
As persoas que participaron neste intercambio foron:
A visita comezou cunha reunión de representantes do GAC de Tenerife, a xerente do GALP7 e o patrón maior da Confraría de pescadores “Santa Tegra” de A Guarda, na que se abordou a problemática da eólicas no mar.
A continuación visitouse Canido, onde se explicou o tipo de embarcacións, artes de pesca e plans de explotación da Confraría de pescadores "San Francisco" de Vigo. De seguido visitouse a lonxa, onde os representantes do GAC de Tenerife viron como foi adaptada para venta de peixe, oficina, cámaras de frío ...
A asistencia técnica da Confraría de pescadores comentou en que consiste o seu traballo.