Tuesday, 27 de November de 2018 - 01:11

Os días 27 e 28 de novembro de 2018 tivo lugar unha visita dunha delegación de pesca peruana ao GALP 7. O primeiro día estiveron na depuradora de marisco e bateas de Aldán acompañados polo presidente do GALP 7. O segundo día visitaron a zona de marisqueo e lonxa da Confraría de pescadores "San Juan" de Redondela, acompañados pola súa asistencia técnica.

