
A confraría de Muros leva anos impartindo formación e facendo actividades turismo mariñeiro con visitas á lonxa. Este proxecto pretende dar resposta as necesidades que establece a realización destas actividades coa adecuación das instalacións existentes na lonxa de Muros co obxecto de crear un centro de formación e divulgación das actividades do sector pesqueiro.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Adecuación das instalacións da lonxa permitirá unha mellora prestación de servizos ao sector e unha mellor divulgación das actividades coa conseguinte posta en valor do mesmo.
- Creación cun centro formativo.
- Creación dun centro de recepción para as activades de turismo mariñeiro.
- Permitirá incrementar a oferta formativa da confraría facilitando a formación ao maior número de socios ou a socios procedentes doutras confrarías no caso de que non se cubran prazas, este incremento da oferta permitirá acceso á formación específica a un maior número de mulleres.
- Reorganizaranse as actividades de turismo mariñeiro que promove ao redor destas novas instalacións perfeccionando a prestación do servizo, e facendo que esta actividade pasa a formar parte da oferta turística complementaria que ofrece a vila de Muros.
Trátase da reforma das instalacións lonxa de Muros situadas no porto para adecualas como centro de formación para o sector pesqueiro da localidade como de todo o territorio Galp, permitindo acceder á confraría a unha oferta de actividades formativas maior, xa que coa realización do proxecto poderase acceder a cursos online.
Reorganizar e centralizar as actividades de turismo mariñeiro da confraría coa creación dun centro de recepción dentro da propia lonxa.
Potenciar a labor social que ven desenvolvendo dende antano a confraría na comunidade pesqueira.
As instalacións cas que se conta na actualidade resultan ineficientes e obsoletas xa que non contan con capacidade suficiente nin ten acceso ás novas tecnoloxías para impartir formación adecuada ás necesidades que hoxe en día se requiren, como consecuencia as actuacións alcanzarán un mellor aproveitamento dos recursos existentes e crearán unhas instalación máis versátiles.
Por outra banda preténdese dotar dunha nova imaxe ás actividades de turismo mariñeiro que ven desenvolvendo a confraría de Muros dende hai anos, de maneira que a imaxe deste novo centro engada valor ás propias actividades e que a rehabilitación do inmoble permita unha maior visibilización das mesmas.
Para lograr estes obxectivos é necesario dotala de equipamento e dun cambio de imaxe que permita identificar o edificio como o centro de recepción de actividades mariñeiras que esperte maior interese entre os visitantes, acadando ao mesmo tempo unha mellora enerxética e accesibilidade total ás persoas que desexen acudir.
Obxectivo estratéxico 1: Sector pesqueiro
1.3 Empoderamento e autoestima do sector pesqueiro.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)