
Promoción do produto local capturado polos produtores primarios, especialmente o sector da pesca: resaltar a importancia dos produtos locais e diversificar a oferta turística do territorio. Para iso levarase a cabo a celebración de showcookings organizados en colaboración co sector turístico privado son un medio para lograr este obxectivo, permitindo aos visitantes saborear os peixes e mariscos locais, e tamén coñecer a súa historia e tradición.
Este proxecto servirá como catalizador para establecer políticas conxuntas entre o sector turístico privado e as confrarías de pescadores. A través desta colaboración a medio e longo prazo, é posible avanzar na desestacionalización do turismo no territorio, reducindo a dependencia dunha única temporada e creando oportunidades durante todo o ano.
Realizaranse campañas de promoción e eventos específicos, que son esenciais para destacar a diversidade e autenticidade dos produtos locais e crear unha experiencia turística máis rica e satisfactoria.
Xornadas formativas para concienciar á comunidade sobre a importancia da preservación do medio ambiente e o patrimonio cultural, así como sobre as oportunidades e desafíos da economía azul.
Organizaranse blogtrips con blogueiros profesionais, co fin de familiarizalos coa oferta turística do territorio e incentivar a promoción do destino como destino gastronómico de primeiro nivel, para desfrutalo fóra da temporada alta.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Promover o coñecemento e a apreciación dos peixes e mariscos capturados no territorio, a través de eventos e/ou showcookings.
Establecer relacións de colaboración entre o sector turístico privado e as confrarías de pescadores para impulsar iniciativas conxuntas.
Reducir a dependencia do turismo estival no territorio,mediante a promoción de eventos gastronómicos e turísticos ao longo de todo o ano, centrados nos produtos locais de temporada.
Asegurar que as actividades turísticas e gastronómicas desenvolvidas no marco do proxecto respecten os recursos naturais e contribúan á sustentabilidade económica, social e ambiental do territorio.
Destacar a cultura gastronómica e pesqueira do territorio, como parte integral da experiencia turística, reforzando a identidade e o orgullo da comunidade local.
Os obxectivos acadados co proxecto inclúen a promoción dos produtos locais, a diversificación da oferta turística, o fortalecemento das relacións entre os sectores turístico e pesqueiro, así como a preservación da identidade e do patrimonio cultural do territorio. A través da colaboración e promoción, o proxecto busca impulsar a economía local e asegurar un futuro sostible para a rexión, beneficiando non só aos produtores e ao sector turístico, senón tamén á comunidade en xeral.
-Creación e posta en marcha dunha Rede de establecementos turísticos de entorno 40 establecementos que promovan e ofrezan menús baseados en produtos locais, co protagonismo especial de peixes e mariscos, durante os meses de setembro, outubro, novembro, decembro, xaneiro, febreiro, marzo e abril.
-Celebración de 6 reunións explicativas do proxecto para a captación de membros no territorio, para a campaña que se iniciará en 2024 e a de 2025.
-Determinar o Manual de adhesión á rede aos establecementos que formarán parte da mesma.
-2 Sesións informativas sobre o contido do Manual e sobre as fases do proxecto e as actividades que se van desenvolver no proxecto, tanto as formativas como as de promoción e divulgación online e offline.
-Recollida de documentación sobre os membros da rede para usos promocionais, e asistencia técnica para o deseño do menú especial de cada membro, para a campaña de 2024 e 2025.
-Creación dunha rede duns 25 puntos de venda de produtos locais procedentes do mar do territorio, coa súa base de datos e fichas de cada entidade, co fin de informar e poñerlles en contacto cos membros da rede participantes.
-Coordinación dos membros da rede e facilitación da información necesaria para as actividades de promoción, formación e divulgación do proxecto.
-Organización de 2 xornadas de presentación do proxecto acompañadas de showcooking realizado por profesionais da hostalería local, con produtos pesqueiros locais, dirixidas aos medios de comunicación, poboación local, sector turístico e pesqueiro, autoridades, tecido asociativo, membros da rede de establecementos do proxecto, etc., con degustación.
-Organización de 2 xornadas de concienciación ambiental relacionado co mar desenvolvida por profesionais da materia, e con participación de proxectos locais existentes que contribúen, coa súa actividade, a poñer en valor este patrimonio.
-Organización de 1 xornada para poñer en valor e divulgar o patrimonio e a cultura mariñeira do ámbito de actuación do proxecto.
-Organización de 2 xornadas sobre a economía azul nas zonas pesqueiras, con especial atención ao concepto de quilómetro cero e turismo sostible, con formatos de mesas redondas e espazo para networking.
-Publicidade en medios offline, difundir notas de prensa, organizar roldas de prensa, convocar a medios para eventos que se realicen no marco do proxecto...
-Publicidade en medios online: poñer en marcha e dinamizar 3 redes sociais para promocionar o proxecto e as súas actividades utilizando como mínimo o galego e o castelán e realizando publicacións semanais en todas elas. Creación e produción de contidos audiovisuais para promocionar o proxecto (sobre 50 imaxes e ata 20 minivídeos para a promoción do proxecto e as empresas que formarán parte da rede.
-2 Vídeos promocionais institucionais, un para a promoción da campaña e outro que resuma os resultados do proxecto.
-Realización dun blogtrip coa temática gastronómica do mar, visitando os concellos do territorio e os establecementos do territorio que participen no proxecto para desfrutar dos menús elaborados con produto pesqueiro local, a concienciación ambiental e o patrimonio ligado ao mar e cultura mariñeira do territorio.
-Deseño, maquetación elaboración de merchandising co logotipo do proxecto, feito con materiais sostibles, como: Bolsa 100% algodón de comercio xusto, manteis desbotables de papel ecolóxico, mandís de comercio xusto, soportes para os menús, rollups, trípticos e chapas grandes.
Obxectivo estratéxico 1. Sector da Pesca
Aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministración dos produtos da pesca e da acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultural alimentaria do territorio.
1.3. Promoción dos produtos locais da pesca costeira artesanal e da saúde e calidade alimentarias.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

