
Posta en valor do patrimonio inmaterial do porto de Portosín a través das súas historias de vida e complementar a marca Azul de Portosín, transmitindo unha identidade.
Para iso levarase a cabo a realización dun documental onde se mostrara a forma de vida do porto, a través dos seus protagonistas, redeiras, armadores, mariñeiros e as súas propias familias, e realizarase unha exposición fotográfica que plasme a estes profesionais e transmita esta identidade.
Como elementos reforzadores a esta labor elaborase un minicatálogo da exposición onde se pretenda identificar a artes do cerco, a través do seu propio envoltorio que será realizado polas redeiras de Portosín e plasmará unha rede do cerco. Ademais, tratarase de plasmar outro dos valores do emblema Azul de Portosón, que é o coidado e a sostibilidade do medio do que proceden os seus recursos e viven as súas xentes, polo que volvendo á identidade, esa rede levará anclada unha agulla realizada na Aula Sostible do Freixo, onde se lle da un novo uso aos plásticos recollidos do noso mar.
Os tres valores da marca, produto, profesionais, e identidade confluirán no dia da celebración do Azul de Portosín, no que se pretende que a xente poida percibir as potencialidades do noso produto a través da súa degustación e o valor do mesmo a través da súa xente.
Estes dous complementos, a exposición fotográfica e o videodocumental serven tanto de complemento á promoción do produtos nas distintas feiras e ventos divulgativos para que a nivel sensorial se poida percibir o valor do noso produto.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Complementar os valores da marca Azul de Portosín a través da identidade da vida do porto e dos seus profesionais.
Fomentar no consumidor final o valor do produto a través da testemuña dos propios pescadores.
Recuperación, exposición, e posta en valor do amplo patrimonio vinculado coa cultura tradicional da pesca de cerco que posúe este municipio.
Dinamización da cultura tradicional (tanto material como inmaterial) dentro da sociedade co fin de preservar e dar a coñecer esta disciplina dentro do porto de Portosín.
Escolares, degustacións dos produtos do mar para conservar e valorar as raíces da cultura tradicional da nosa contorna máis inmediata.
Consolidación da marca Azul de Portosín como un referente de calidade, identidade e sostibilidade.
Contribuír á visibilizacion das mulleres do sector pesqueiro no noso ámbito territorial e fora do mesmo.
Dotar de contido audiovisual o punto de información turística da nave de redeiras que atraia aos nosos visitantes.
Facer unha labor divulgativa, a través destes soportes audiovisuais que contribúa o relevo xeracional do sector pesqueiro no noso porto.
SALA DE EXPOSICIÓN TEMPORAL
Un espazo que estará dedicado á presentación da exposición fotográfica "saber amar" co obxectivo de darlle a oportunidades a quen o precise, de poder observar e gozar dunha visión próxima dos costumes e o carácter máis humano dos nosos protagonistas. Esta sala considerámola como un lugar de encontro onde se configuran diversos discursos entre a fotografía, os artistas e o público, polo que conforma unha forma de comunicación entre as persoas a través da arte. O espazo, que tamén servirá de pequeno auditorio estará composto por varios elementos que favorezan a visualización da obra exposta, como os rieles onde colgar a obra, mesas, iluminación etc... trátase da sala da Casa de Cultura de Portosín como lugar de saída dando paso a unha exposición itinerante que se levará a cabo en distintos lugares da comarca así como fora dela.
A exposición contará con 36 fotos de 45x30 e con 3 de 40x60 todas elas perfectamente enmarcadas e con paspartú branco de 5 cm arredor e con protección en alta calidade.
PROXECTO AUDIOVISUAL
Conta con varios apartados:
- Recollida de testemuñas a través de entrevistas nas cales os nosos protagonistas ábrense e dannos unha visión subxectiva da súa paixón polo mar e por todo o relacionado con iso.
- Creación dun documental, teasser e trailer para axudar a difundir e promover o proxecto "saber amar".
- Enviar dito documental aos centros educativos e medios de comunicación así como a posibilidade de presentalo aos distintos festivais da comarca.
- Creación dunha plataforma de vídeo para poder servir de consulta a todas as persoas interesadas para que sirva de referencia par distintos proxectos relacionados co mundo do mar, en concreto ca pesca de cerco e a súa contorna.
As proxeccións do proxecto audiovisual iran acompañadas sempre dunha degustación de Azul de Portosín.
Obxectivo estratéxico 4. Cultura & Benestar
Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo.
4.2. Posta en valor da cultura mariñeira.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

