
A recuperación, posta en valor do patrimonio marítimo inmaterial, etnográfico e cultural dos recursos endóxenos do territorio, así como tamén da difusión da cultura mariñeira en todas a súa extensión e a dinamización social do conxunto do territorio no que se vai a desenvolver o proxecto.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- A transmisión da memoria e os saberes tradicionais do mundo mariñeiro á sociedade a través da propia poboación local, concretamente a través das mulleres do mar.
- Promocionar o uso das novas tecnoloxías co fin de preservar e dar a coñecer a importancia da cultura e patrimonio marítimo local.
- A posta en marcha de roteiros autogiados, a fin de dar a coñecer e promocionar o patrimonio natural e marítimo do territorio.
- Promoción, cohesión e participación social.
- Fomento da sociedade da información e das novas tecnoloxías a través de todos os produtos tanxibles resultantes do proxecto.
- Coñecemento por parte da poboación local e poboación foránea do patrimonio material e inmaterial do territorio.
- Fomento da cooperación e da participación tanto entre entidades como entre a poboación local.
- Fortalecemento da estratexia de promoción turística do territorio.
- Incremento da demanda turística.
- Mellora da información turística a través da modernización das ferramentas e recursos turísticos empregados.
- Mellora da divulgación e comunicación do patrimonio cultural pesqueiro e marítimo do territorio.
1º Elaboración de historias de vida reais das mulleres do mar (redeiras, mariscadoras, traballadoras do sector pesqueiro..) a través das cales difundir e compartir o coñecementom vivencias, a labor e a experiencia das mullres en relación coas actividades, costumes e tradicións vencelladas co mar. E definitiva, un proxecto audiovisual e de inclusión dixital.
Esta actividade innovadora, conxuga un proceso de formación en alfabetización dixital e audiovisual e a preservación da memoria e os saberes das mulleres do mar, materializadas na elaboración de micro vídeos nos que se recollan as súas historial ou experiencias vitais vencelladas co mundo do mar.
2º Paseos de ribeira (roteiros ficcionados), esta parte do proxecto ten unha maior perspectiva turística xa que consiste no deseño, configuración e elaboración de audioguías turísticas con historias ficcionadas - dramatizadas deseñadas a partir da formación recada a través das mulleres participantes no desenvolvemento das historias de vida reais ou de outros axente clave identificados no territorio.
Obxectivo 3: Patrimonio natural e cultural costeiro
3.2 Recuperación do patrimonio cultural costeiro
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)