Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Deseño e Desenvolvemento dun Protocolo de Coxestión entre as confrarías da Ría Muros-Noia

Este proxecto redundará nunha mellora na xestión das zonas de libre marisqueo buscando o equilibrio entre a capacidade marisqueira e os recursos dispoñibles. A coxestión redundará nunha mellora na sustentabilidade económica, social e ambiental, toda vez queo marisqueo a pé é compatible cun coidado do hábitat mariño.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Confraría de Pescadores de Muros / Confraría de Pescadores de Noia
Datos de interese: 
cofradia@confradiamuros.org
Perfil empresarial: 
persoa xurídica
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 24 de maio pola que se es establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a proxectos ao amparo das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobados aos grupos de acción local do sector pesqueiro
Convocatoria - ano: 
2017
Data de aprobación: 
10/04/2017
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
12
Anualidades: 
2017-2018
Data fin de execución: 
31/03/2018
Ámbito de aplicación: 

Ría Muros-Noia

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
13.000,00 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
13.000,00 €
Total axuda pública aprobada (€): 
12.025,00 €
% Subvención: 
92,5
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
10.221,25 €
FEMP (%): 
85
CA (€): 
1.803,75 €
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

-Divulgar o coñecemento científico aplicado a través dun "estudo de caso" sobre coxestión, cooperación e gobernanza.

-Incremento da autoestima, empoderamento e responsabilidade do colectivo de mariscadoras.

-Mellora da formación e coñecemento compartido dos órganos reitores das confrarías e presidentas das agrupacións de mariscadoras.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

-Obterase un protocolo de coxestión entre as confrarías da Ría Muros-Noia par as zonas de libre marisqueo, escoitando e dando conta dos acordos á Consellería do Mar.

-Avanzarase no coñecemento ciéntifico a través dun "estudo de caso" sobre coxestión, cooperación e gobernanza.

-A mellora na xestión das zonas de libre marisqueo redundará nun aproveitamento mais equilibrado dos recursos existentes, e por conseguinte na mellora da calidade de vida das mariscadoras e de toda a cadea de valor.

-Avanzarase na formación, na autoestima e no empoderamento do colectivo de mariscadoras.

-Reforzamento do clima de confianza entre as partes, abrindo as portas a outros proxectos conxuntos.

Principais actividades do proxecto: 

1. Desenvolvemento dunha sesión introdutoria/formativa sobre a xestión do comúnb, cooperación, gobernanza e desenvolvemento sustentable destinadas á directiva das agrupacións de mariscadoras a pé e persoal técnico das confrarías.

2. Análise do estado da xestión do marisqueo a pé na Ria Muros-Noia e a situación das zonas de libre marisqueo.

       a. Análise da cuestión a tráves de fontes secundarias: para a cal se fará unha revisión das principais publicacións especializadas: normativa, revistas, teses e outras publicacións.

       b. Análise da cuestión a través de fontes primarias: cando menos se farán entrevistas en profundidade aos presidentes, vicepresidentes e persoal técnico das agrupacións de mariscadores/as, así como a persoal da Consellería do Mar.

        c. Análise e informes dos técnicos e biólogos das confrarías.

3. Obradoiros con persoal técnico e representantes das agrupacións de mariscadores das confrarías da Ría, coa finalidade de redactar un protocolo de colaboración (que pode incorporar unha proposta de plan de explotación específico) para unha ou varias zonas de libre marisqueo.

         a. Convocatoria e dinamización.

         b. Preparación e coordinación dos obradoiros.

4. Estado da cuestión desde a perspectiva socioeconómica en relación á coxestión, xestión do común e gobernanza, así como o desenvolvemento dos paradigmas científicos para a súa aplicación práctica nas zonas de libre marisqueo da Ría Muros-Noia.

5. Elaboración dun informe que contemplara cando menos os seguintes temas:

        a. Estado da xestións do marisqueo a pé na Ría Muros-Noia, con especial mención á zonas de libre marisqueo.

        b. Sistemas de comunicación/diálogo aberto a través do proxecto.

        c. As posturas das distintas partes (confrarías) e outros axentes (administración, técnicos etc.)

        d. Estado actual do coñecemento a nivel científico sobre coxestión do común e gobernanza e as posibilidades de aplicación no caso da Ría Muros-Noia.

        e. Protocolo de coxestión para as zonas de libre marisqueo da Ria Muros-Noia.

        f. Conclusións:

6. Comunicación:

         a. Carteis.

         b. Dípticos.

         c. Notas de prensa.

         d. Presentación pública das conclusións nas confrarías da Ría Muros-Noia.

         e. Páxina web das entidades promotoras e outras entidades colaboradoras.

         f. Elaborarase un artigo divulgativo sobre o proxecto que se enviará as principais revistas do sector, tales como Mar e Farnet Magazine.

7. Publicacións: Elaborarase un informe que se plasmará nun libro en papel e en formato dixital.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo estratéxico 1: Sector Pesqueiro

Obxectivo específico da EDLP: 

1.2.2.2 Apoio á investigación par a xestión integrada dos recursos e econosistemas mariños

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)