
O proxecto constitúe a segunda fase do relanzamento das visitas turísticas á Lonxa de Fisterra, dando continuidade ás actuacións de promoción, recepción e automatización iniciadas na anualidade anterior. A actuación ten como finalidade ampliar e enriquecer a experiencia dos visitantes, dotando a parte superior da lonxa de novos contidos relacionados coa identidade mariñeira e o patrimonio pesqueiro da localidade.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
-Incrementar os contidos da visitas á lonxa de Fisterra, de forma que a poxa on se converta na peza fundamental da visita e se poida alongar a franza horaria da visita así como a permanencia do visitante
Obxectivos especificos:
-Por en valor a actividade do sector pesqueiro da localidade de Fisterra, a través desta visita profesionalizada.
-Sensibilizar ao visitante na importancia da sostenibilidade do medio , a través da area adicada o Prestige e da proxeccion de distintos documentais
- Por en valor a identidade mariñeira da vila de Fisterra
-Contribuir á profesionalización do turismo mariñeiro no ámbito territorial do Galp Costa Sostible.
Convertes as visitas á lonxa nunha experiencia enriquecedora que contribúa á divulgación da cultura e da actividade pesqueira local, mellorar o posicionamento da Lonxa de Fisterra como espazo de recepción de visitantes e xerar novos ingresos para a confraría mediante a comercialización de produtos de merchandising. En conxunto, a actuación contribuirá á promoción e consolidación do turismo mariñeiro no ámbito territorial do GALP Costa Sostible.
O proxecto contempla a creación de cinco espazos temáticos na parte superior da Lonxa de Fisterra, destinados a poñer en valor a identidade mariñeira, a actividade pesqueira e o patrimonio marítimo da localidade.
As actuacións inclúen unha exposición fotográfica sobre o Fisterra mariñeiro de antaño, unha área dedicada á pesca costeira artesanal e ás artes de pesca tradicionais, con especial protagonismo do polbo, e un espazo sobre os principais produtos do marisqueo local, como o longueirón, o percebe e o ourizo. Tamén se habilitará unha sala dedicada ao Prestige, con proxección dun documental baseado en testemuños de persoas da vila e pescadores da confraría, incorporando unha dimensión de sensibilización sobre a sustentabilidade do medio mariño. Finalmente, crearase un espazo dedicado aos naufraxios acontecidos nas augas de Fisterra, incluíndo unha homenaxe aos socios da confraría falecidos.
En conxunto, estas actuacións buscan ofrecer unha visita máis completa, atractiva e didáctica, contribuíndo á divulgación da cultura e da memoria mariñeira de Fisterra tanto entre os visitantes como entre a poboación local e, especialmente, entre o público escolar.
Obxectivo Estratéxico 2. Economía Azul & Diversificación.
2.1.2. Equipamentos, servizos e promoción de servizos de turismo mariñeiro que impliquen a interacción cos profesionais do sector da pesca
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

