
O obxectivo xeral do proxecto é incrementar a oferta complementaria na Ría Muros-Noia contribuíndo á diversificación de actividades neste xeodestino ao mesmo tempo que se contribúe ao fortalecemento do mesmo como destino familiar a través do aloxamento con que completa esa oferta de actividades, dito obxectivo está directamente relacionado co obxectivo de diversificación do FEMP contribuíndo á creación de emprego e o nacemento de novas actividades na localidade costeira onde se empraza, fortemente dependente da actividade marisqueira
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
-Incremento da oferta complementaria da Ría Muros-Noia a través da creación dunha empresa de turismo activo, na que a maior parte da oferta esará vinculada ás actividades náuticas.
-Convertir o xeodestino da Ría Muros-Noia nun destino familiar favorecendo a estancia de familiar con nenos a través do tipo de aloxamento que e propón.
-Dar a coñecer a importancia da actividade marisqueira na localidade onde se empraza, debido á proximidade desta iniciativa aos principais bancos marisqueiros da localidade de Noia.
Emprego creado: a posta en marcha deste proxecto incrementará o emprego directo e indirecto do territorio.
Emprego directo, crearanse postos de traballo mediante a contratación a tempo parcial de dúas persoas, unha de carácter cualificado seis meses ao ano e outra a media xornada durante todo o ano estando vinculada co sector pesqueiro. As persoas contratadas serán preferiblemente do territorio obxecto de actuación.
Emprego indirecto, independentemente que sexa un só proxecto expón dous negocios diferenciados, actividades de turismo activo e aloxamento de carácter familiar.
Nº de proxectos de diversificación das actividades económicas na zona: o proxecto supón a xeración de novas actividades de negocio vinculadas co sector turístico polo que contribuirá a diversificar as actividades económicas do concello, focalizadas no sector marisqueiro e de servizos.
Nº de iniciativas promovidas por mulleres ou xente nova: o promotor da iniciativa Antonio López trn trinta e cinco anos.
O Loureiro turismo activo familiar desempeñará duás actividades diferenciadas:
Actividades de turismo activo a través de aluguer de kaiaks, rutas en kaiak, rutas pola ría, actividades de pesca deportiva e aluguer de bicicletas
Para a realización destas actividades disporase de seis kaiaks, dobres, un remolque, unha embarcación con capacidade para seis persoas e seis bicicletas eléctricas.
Aloxamento familiar, a través da construción de tres cabanas revestidas con madeira de batea, cunha distribución idónea para aloxar familias ao estar separadas as habitacións por un salón e constituir así módulos independentes.
A actividade está localizada no lugar do Obre, na localidade de Noia, moi próxima aos bancos marisqueiros desta localidade o que permitirá poder achegar aos distintos visitantes as zonas de faena na época da campaña, nun terreo de 1679 metros cadrados con vistas inmellorables á Ría Muros-Noia. O complexto turístico familiar optará á categoría de dúas chaves e ademais de tres módulos de aloxamente ao contar cun cuarto módulo que fará de recepción tanto para as actividades como para as actividades de turismo activo, o complexo turístico optará ao selo de calidade de Galicia destino familiar intentando diferenciarse no entorno como único establecemento deste tipo.
O promotor da iniciativa será o encargado das dúas actividades empresariais tanto das de turismo activo levando a cabo el mesmo a actividade de pesca deportiva e as rutas pola día ao dispor do título PER, e contratando un monitor para o resto das actividades que se oferten.
Pesca deportiva: a actividade está prevista pra un máximo de catro persoas, que disporán de equipos, en caso de non levalos, poderase realizar a media xornada ou xornada completa e basearase principalmente na Spinning, para a realización da actividade será necesario un máximo de dúas persoas.
Rutas pola ría: o promotor da iniciativa é fillo de mariscadora e coñece perfectamente a realización desta actividade, unhas das rutas a ofertar consistirá nun paseo polos bancos marisqueiros con ou sen actividade cunha explicación detallada do proceso de extracción do berberecho e a ameixa e so pormenores da actividade, outras das rutas á ofrecer será meramente paisaxística en torno ao enlace co río Tambre e a illa da Creba.
Aluguer de kaiaks: disporase de seis kaiaks dobres que se alugarán a un prezo de 15 euros a hora, dun remolque para o transporte dos mesmos ata o punto de partida onde se poñerán ao servizo do cliente para procees posteriormente á súa recollida.
Rutas en kaiak: as rutas en kaiak serán realizadas por monitor especializado e será necesario un mínimo de catro persoas, aínda que nestes intres están por deseñar, preténdese que se comercialicen sobre todo as dos ríos Tambre, Pedras e Vilacoba, pola súa riqueza paisaxística e a posibilidade de combinalas con outras actividades como o barranquismo.
Aluguer de bicicletas: disporase de seis bicicletas eléctricas que nas épocas de maior ocupación estarán preferentemente a disposición dos usuarios do aloxamento, estas bicicletas estarán dotadas de cadeiras e alforxas para nenos, e serán ofertadas ás distintas familiar para desprazamento de cercanía, evitándolles o uso do seu vehículo propio, tamén esixirá a posibilidade de facer rutas en bicicleta polos enclaves máis característicos da localidade de Noia acompañados dun guía.
Obxectivo estratéxico 2: Diversificación económica
2.2.1 Potenciamento do Club de Produto Margalaica
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)