
Proxecto de cooperación para posicionar a Ruta dos Faros de Galicia como principal produto de turismo mariñeiro de España e como principal produto turístico a costa de Galicia alternativo ao turismo vacacional de praia.
Os Galp promotors do proxecto son: Galp Costa Sostible (socio coordinador), Galp A Mariña-Ortegal, Galp Golfo Ártabro-Norte, Galp Golfo Ártabro-Sur, Galp Costa da Morte, Galp Ria de Arousa, Galp Ría de Pontevedra, Galp Ría de Vigo-A Guarda.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
1. Crear ferrmentas de xestión e comerciais para MarGalaica e a Ruta do Faros de Galicia que faciliten a súa comercialización e a consolidación de Galicia como destino de turismo mariñeiro.
2 Reforzar Margalaica e a Ruta dos Faros de Galicia como modelo de desenvolvemento que favorece a inclusión social, a igualdade e a xeración de emprego nas zonas costeiras.
3. Reforzar a Ruta dos Faros de Galicia como ferramenta de posta en valor do patrimonio mariñeiro de Galicia, e favorecer o uso alternativo destas edificacións.
4. Poñer en valor a pesca costeira artesanal co posicionamento no mercado turístico dos selos gastronómicos Km0 Margalaica e Pescadoartesanal.com
1. Material promocional dos catro produtos turísticos.
Edición de cando menos un material promocional de cada un dos catro produtos turísticos creados, que poderá ser en soporte dixital ou físico, segundo a canle de distribución escollida.
2. Mapa Ruta do Faros.
Mínimo de 120.000 exemplares do plano Ruta do Faros (sumadas as 8 edicións)
3. Carta Km0.
Mínimo de 1 modelo de carta Km0 enviado a 120 restaurantes Km0 Margalaica.
4. Catálogo fotográfico e de vídeo.
-1 novo catálogo fotográfico que inclúa unha localización xeográfica e, cando menos, 25 imaxes.
-1 novo vídeo promocional.
Actividade 1: Creación de produtos comerciais
A Ruta dos Faros de Galicia é un produto de touring integrado por diversos recursos turísticos e más de 200 empresas e entidades asociadas. O obxectivo desta actividade é crear produtos asociados de carácter comercial. Isto é: acordar fórmulas comercializables con operadores que traballen en distintos nichos de mercado. Estes produtos irán ligados a formas de mobilidade, como poden ser: operadores de ferrocarril, clubes de ciclismo, clubes de caravaning, empresas de aluguer de vehículos, clubes de motociclismo e similares.
O traballo consiste en definir e negociar con estes operardores produtos de interese comercial que permitan implicalos na promoción e venda da Ruta dos Faros nos seus respectivos mercados.
Accións:
1. Creación de 2 produtos turísticos (anualidade 1)
2. Creación de 2 produtos turísticos (anualidade 2)
*Trátase de 4 produtos turísticos distintos, e non da reedición dos mesmos produtos en distintos anos.
Actividade 2: Materiais e eventos promocionais
A Ruta dos Faros de Galicia é un produto integrado pro máis de 240 socios prestadores de servizos turísticos. Temos que dotar a todos eles dos materiais e coñecementos axeitados para que coñezan o produto e sexan o s principais divulgadores do mesmo. Para isto, elaboramos distintos materiais promocionais e organizamos fam trips internos: xornadas de traballo cos socios de cada zona costeira para que coñezan a Ruta e o seu funcionamento.
Accións:
1. Deseño gráfico.
2. Edición dos materiais (Plano e promoción Km 0 MarGalaica).
3. Fam Trips internos.
Actividade 3: Integración en Artesanía de Galicia
É de interese para a Ruta dos Faros contar como socios con establecementos de artesanía que promovan as producións locais. Para isto, considérase de interese unha alianza con selo Artesanía de Galicia, de xeito que os seus socios poidan formar parte da Ruta dos Faros. Esta acción pretende definir a fórmula de integración destes establecementos e a súa colaboración con MarGalaica e a Ruta dos Faros de Galicia.
Accións:
1. Integración Artesanía de Galicia-Ruta dos Faros
Actividade de comunicación
-Difundir o produto Ruta dos Faros no mercado coa maior eficiencia na xestión de recursos.
-Difundir o produto e o proxecto de cooperación entre os socios e no contorno institucional de Galicia.
-Relación cos medios de comunicación.
-Comunicación on line: redes soiais e mellora de prestacións do web site.
-Catálogo de fotografía de vídeo.
Actividade de xestión e coordinación
O partenariado do proxecto será xestionado polos propios GALP.
Os órganos de xestión serán:
-Comité de dirección e coordinación.
integrado polos seis GALP promotores do proxecto. Neste comité se integrarán presidentes e xerentes. O comité se reunirá, alomenos, dúas veces no 2018 e dúas no 2019.
As funcións serán a discusión e toma de decisións sobre as accións a executar, o funcionamento do proxecto e o partenariado
-Execución técnica
Será asumida polas xerencias dos distintos GALP e inclúe as seguintes tarefas.
-Redacción da documentación relativa á xestión e coordinación da colaboración.
-Xustificación do proxecto de cooperación á Consellería do Mar.
-Convocatorias, actas e demais documentos relativos ás reunións de coordinación da colaboración.
-Asistencias aos grupos para as accións e contratos do proxecto de cooperación vixente.
-Redacción das versións iniciais dos requisitos técnicos para a contratación de accións dende os GALP.
-Coordinación xeral do proxecto.
Obxectivo estratéxico 3: Patrimonio Natural e Cultural
3.2.1 Apoio á rehabilitación e posta en valor de bens mateiriais e inmateriais do patrimonio cultural costeiro.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)