
A confraría de pescadores "San Andrés" de Portosín promove o proxecto de "Revalorización da marca de identidade "Azul de Portosísn" e aforro enerxético e o seu obxectivo xeral é a de revalorizar a calidade do peixe capturado polos buques pesqueiros da localidade e asociados á marca "Azul de Portosín":
1.- Revalorización da marca "Azul de Portosín", cos novos equipos a instalar, obterase un xeo de moi alta calidade que ofrecerá aos pesqueiros para unha óptima conservación das capturas "azul de Portosín". O peixe capturado manterá, ata despois da súa venda en lonxa, a súa total frescura.
2.- Aforro enerxético e mellora do medioambiente. Por outra lado, a confraría de Portosín está chamada a rentabilizar a explotación dafFábrica de xeo e elo alcanzarase mediante esta inversión posto que, os novos equipos a instalar, son de baixo consumo enerxético.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
-Revalorización da marca Azul de Portosín, coa finalidade de alcanzar un reconoñecemento social conseguindo que o consumidor final asocie o peixe Azul de Portosín como sinónimo de garantía e calidade.
-Fomento do crecemento económico, favorecendo a competitividade e viabilidade do sector pesqueiro.
-Mantemento do emprego actual da fábrica de xeo, apoio á empregabilidade na comunidade pesqueira local. Coa mellora da competitividade e viabilidade da fábrica de xeo, única no territorio. foméntase o asentamento de novas iniciativas e empresas no ámbito territorial.
-Apoio á marca "Azul de Portosín" mediante o fomento da calidade da pesca local (sardiña, xarda e xurelo) especies que identifican ao porto e a lonxa de Portosín. Reforzarase e revalorizarase esta marca local mediante o desenvolvemento de Xornadas divulgativas en colaboración co concello de Porto do Son, que promocionen a orixe e calidade dos produtos do mar locais "Azul de Portosín".
-Mellor conservación da frescura do produto pesqueiro: xeo en escamas de diferentes grosores, segundo o tipo de capturas. O que permitirá unha correcta presentación do peixe "azul de portosín".
-Mellora da eficiencia enerxética no proceso de fabricacióndo xeo, para obter un aforro de recursos e unha reducción dos custes enerxéticos e de mantemento, favorecendo o desenvolvemento e viabilidade do servizo cun menor impacto ambiental.
-Mantemento do nivel de emprego da fábrica de xeo, con novos equipos que pola súa avanzada tecnoloxía aportarán melloras da condicións de traballo e da seguridade dos operarios contratados pola confraría.
-Revalorización da marca "Azul de Portosín". Durante un o segundo fin de semana de xullo a confraría de pescadores de Portosín pretende materializar, en colaboración co concello de Porto do Son, unhas xornadas divulgativas para a exaltación da calidade do peixe azul de Portosín, que consistirán en:
a. Xornadas técnicas.
b. Xornadas de portas abertas.
c. Lanzamento da marca "Azul de Portosín".
d. Actividade mediática.
e. Celebración de degustacións e taller de cociña infantil "Pezquechef".
f. Concertos musicais.
Estas actuacións de carácter social, xurden coa finalidade de reforzar a marca "Azul de Portosín" alcanzando un gran recoñocemento social e conseguindo que o consumidor final asocie o peixe azul de Portosín como sinónimo de Garantía e Calidade.
-Eficiencia enerxética na fábrica de xeo. Os actuais equipos da fábrica de xeo de Portosín non suministran xeo, en términos de operatividade e eficiencia. O actual proceso de de fabricación de xeo conleva un alto custe enerxético e custe de mantemento; e por elo, se precisa adquirir equipos de frío de tecnoloxía punteira, que permitan o suministro de xeo en escamas co espesor adecuado, segundo as necesidades de cada asociado, e uha mellora enerxética con menor impacto medioambiental, o que suporá ademais, un importante aforro económico, de vital importancia para o mantemento da actividade, por todo elo a confraría de Portosín pretende adquirir un xenerador de xeo en escama e un condensador evaporativo.
Mediante estas actuacións a confraría de pescadores San Andrés de Portosín poderá materializar un proceso produtivo máis eficiente e sostible, revalorizando a cadea de comercialización dos produtos da pesca baixo a marca "Azul de Portosín".
Obxectivo estratéxico 1. Sector pesqueiro
1.1.2.4 Valorización dos produtos da pesca local mediante o apoio á comercialización e presenza nos mercados dos produtos pesqueiros así como o potenciamento do valor engadido dos mesmos.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)