Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

3 PROXECTOS DO TERRITORIO DO GALP COSTA DA MORTE OPTAN OS II PREMIOS ECONOMÍA AZUL

II Premios Economía Azul

Hoxe comezaron as votacións dos 15 proxectos finalistas dos Premios #EconomíaAzul 2019. Lembra que cada persoa pode escoller un proxecto por cada unha das 5 categorías. O prazo para votar será ata o próximo 20 de outubro.

Os proxectos, do territorio do GALP Costa da Morte, finalistas son:

Categoría - Innovación local:

  • Proxecto Planta de Produción de Aceite de Microalgas, promotor Carbiotech, S.L.U.

Principais obxectivos do proxecto: 

Creación de empresa de produción de microalgas, única ata o de agora, a nivel da Unión Europea.

Obtención de produtos de alto valor engadido a partir de recursos mariños de maneira sostible.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Creación e posta en funcionamento dunha nova empresa no Concello de Carballo cunha capacidade de produción de 4.000 kg/ano de produto acabado.

Creación de novos postos de traballo.

Evitar o incremento sobre a capturas nos caladoiros. Todas as fontes tradicionais de DHA no mercado proveñen da pesca extractiva.

Dinamización e fortalecemento da economía local mediante a contratación de servizos auxiliares.

Diversificación das actividades realizadas no marco da pesca mediante a introdución dun novo produto no mercado.

Principais actividades do proxecto: 

Creación e posta en funcionamento de planta de produción de aceite de microalgas no Concello de Carballo cunha capacidade de produción de 4.000 kg/ano de produto acabado.

Realización de campaña  de mostraxe na Costa da Morte apoiándose en entidades do sector pesqueiro para a procura da especie autóctona óptima para a produción

Dinamización e fortalecemento da economía local mediante a contratación de servizos auxiliares

 

Categoría - Economía Circular:

  • Proxecto Taller de Sensibilización Medioambiental da Costa da Morte, promotor Asociación de Redeiras Illa da Estrela

           Principais obxectivos do proxecto: 

Fomentar unha pesca e unha acuicultura competitivas, medioambientalmente sostible, fomentando o reciclaxe, e contribuíndo a mitigar o cambio climático.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Crear unha nova liña de negocio  para as redeiras.

Aproveitar como recurso económico os aparellos que non sirven pa pesca.

Sensibilizar os nenos, sector pesca e outros colectivos para o reciclaxe

Principais actividades do proxecto: 

Creación dun taller de sensibilización medioambiental.

Actividades e xornadas de carácter medioambiental, centradas fundamentalmente no reciclaxe das redes e residuos do mar.

Compra de equipamento para a realización das actividades

 

  • Proxecto Persoas Diversas + Confrarías = Economía Circular, promotor ASPABER

           Principais obxectivos do proxecto: 

Promover o emprego e inclusión social de las persoas con diversidade funcional mediante la economía circular, en actividades auxiliares a la industria pesqueira.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Capacitación de persoas con diversidade funcional e empregabilidade en actividades auxiliares a la industria pesqueira.

Principais actividades do proxecto: 

Adquisición de compresor, secador e instalación de aire para termo-soldadura de cajxas de peixe.

 

Vota aquí: https://galp.xunta.gal/votacion-ii-premios-economia-azul