
Hoxe comezaron as votacións dos 15 proxectos finalistas dos Premios #EconomíaAzul 2019. Lembra que cada persoa pode escoller un proxecto por cada unha das 5 categorías. O prazo para votar será ata o próximo 20 de outubro.
Os proxectos, do territorio do GALP Costa da Morte, finalistas son:
Categoría - Innovación local:
- Proxecto Planta de Produción de Aceite de Microalgas, promotor Carbiotech, S.L.U.
Principais obxectivos do proxecto:
Creación de empresa de produción de microalgas, única ata o de agora, a nivel da Unión Europea.
Obtención de produtos de alto valor engadido a partir de recursos mariños de maneira sostible.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto:
Creación e posta en funcionamento dunha nova empresa no Concello de Carballo cunha capacidade de produción de 4.000 kg/ano de produto acabado.
Creación de novos postos de traballo.
Evitar o incremento sobre a capturas nos caladoiros. Todas as fontes tradicionais de DHA no mercado proveñen da pesca extractiva.
Dinamización e fortalecemento da economía local mediante a contratación de servizos auxiliares.
Diversificación das actividades realizadas no marco da pesca mediante a introdución dun novo produto no mercado.
Principais actividades do proxecto:
Creación e posta en funcionamento de planta de produción de aceite de microalgas no Concello de Carballo cunha capacidade de produción de 4.000 kg/ano de produto acabado.
Realización de campaña de mostraxe na Costa da Morte apoiándose en entidades do sector pesqueiro para a procura da especie autóctona óptima para a produción
Dinamización e fortalecemento da economía local mediante a contratación de servizos auxiliares
Categoría - Economía Circular:
- Proxecto Taller de Sensibilización Medioambiental da Costa da Morte, promotor Asociación de Redeiras Illa da Estrela
Principais obxectivos do proxecto:
Fomentar unha pesca e unha acuicultura competitivas, medioambientalmente sostible, fomentando o reciclaxe, e contribuíndo a mitigar o cambio climático.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto:
Crear unha nova liña de negocio para as redeiras.
Aproveitar como recurso económico os aparellos que non sirven pa pesca.
Sensibilizar os nenos, sector pesca e outros colectivos para o reciclaxe
Principais actividades do proxecto:
Creación dun taller de sensibilización medioambiental.
Actividades e xornadas de carácter medioambiental, centradas fundamentalmente no reciclaxe das redes e residuos do mar.
Compra de equipamento para a realización das actividades
- Proxecto Persoas Diversas + Confrarías = Economía Circular, promotor ASPABER
Principais obxectivos do proxecto:
Promover o emprego e inclusión social de las persoas con diversidade funcional mediante la economía circular, en actividades auxiliares a la industria pesqueira.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto:
Capacitación de persoas con diversidade funcional e empregabilidade en actividades auxiliares a la industria pesqueira.
Principais actividades do proxecto:
Adquisición de compresor, secador e instalación de aire para termo-soldadura de cajxas de peixe.
Vota aquí: https://galp.xunta.gal/votacion-ii-premios-economia-azul