
Transferencia do coñecemento en técnicas e receitas de cociña mariñeira entre cociñeiros e cociñeiras dos negocios de hostalería de Miño, mediante a organización de obradoiros formativos impartidos por especialistas de recoñecido prestixio con experiencia e coñecemento na preparación de produtos do mar. Recuperación de pratos tradicionais e consolidación nos establecementos de hostalería do territorio que sirvan de referencia para incrementar o turismo gastronómico e mariñeiro no territorio.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Recuperar pratos tradicionais e a súa consolidación nos establecementos do municipio de MIño, que sirvan como referentes e captadores de turismo gastronómico e mariñeiro.
Poñer en valor e dar a coñecer o produto da pesca e o marisqueo do ámbito territorial do GALP Golfo Ártabro Norte. Valorizar os produtos do mar e dalos a coñecer entre as diferentes empresas do ámbito territorial
Impulsar a rentabilidade da extracción sostible de marisco do Golfo Ártabro, a través do aumento do consumo do produto nos locais de hostalería do territorio.
Buscar a vinculación entre a restauración e o sector extractivo local, representando pola Confraría de Pescadores de Miño
Melloras nas técnicas de cociña e preparado dos produtos do mar na hostalería de Miño
Potenciar o xurdimento dunha oferta turística completa vinculada á actividade mariñeira
Aumentar o número de visitantes ao Concello de Miño
Posta en valor da calidade dos produtos do mar extraídos pola Confraría de Pescadores de MIño a través do emprego destes nos pratos de cociña e na formación impartida.
Mellora da calidade da cociña mariñeira no sector da hostalería para ofrecer un servizo turístico máis competitivo e sostible.
Impulso da cooperación entre os axentes empresariais do territorio mediante a colaboración nestes obradoiros, onde a convivencia impulse as sinerxias no sector.
Concienciación social sobre a importancia dos consumos locais, principalmente produtos do mar, entre os axentes da restauración para que empreguen máis provedores de proximidade.
Actividade 1. Comunicación e promoción de 4 obradoiros de cociña con produtos do mar.
Actividade 2. Xestión talleres. Documentación para o coñecemento do tecido hostaleiro, os axentes implicados, elección cociñeiro/a.
Actividade 3. Xornadas de formación con cociñeiro/a de prestixio.
Actividade 4. Actividades destinadas á comunicación do programa. Contidos audiovisuais, fotografía e recursos necesarios para difundir en formato dixital.
Fomento da cooperación
Implantar un modelo de traballo no territorio GALP para o emprendemento social.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)