O GALP Golfo Ártabro Sur celebrará o vindeiro luns, 26 de novembro, ás 17:30 horas no salón de actos da Casa do Mar do Concello da Coruña (rúa Ramón e Cajal, 2) o primeiro encontro para definir a asociación de ‘Mulleres do mar’.
Tras as presentacións levadas a cabo na Coruña e Sada agora é a quenda de reunirse coas mulleres que se interesaron para crear a primeira asociación que represente ás mulleres dedicas ao sector pesqueiro na comarca para definir as liñas da entidade.
Este encontro participativo está aberto a todas aquelas mulleres con intereses e coñecementos sobre o sector, co obxectivo de que poidan achegar e enriquecer o deseño dunha entidade que represente ás mulleres profesionais vinculadas profesionalmente co mar na nosa comarca.