Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

A exposición “La flota del Golfo Ártabro” finalizou o seu percorrido na Coruña

Durante mes e medio, a veciñanza do territorio puido coñecer a nosa historia mariñeira

 

A estadía no mercado da praza de Lugo (A Coruña) foi a última parada da nosa exposición itinerante “La flota pesquera del Golfo Ártabro Sur”. En total, foi un mes e medio de percorrido no que a veciñanza do noso territorio poideron achegarse á nosa historia e cultura mariñeiras. Antes, e tras a inauguración na Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada a finais de xullo, os quince paneis da mostra poideron verse en Oleiros, Arteixo e por último, na Coruña.

Nos paneis había interesantes datos sobre a evolución da frota pesqueira, desde os barcos do día aos do arrastre de altura, as artes de pesca que empregan, ou as especies máis habituais entre as capturas. Tamén se reservou un espazo para dar a coñecer polo miúdo a intensa labor que realizan a diario os traballadores do mar vinculados a cada unha das catro confrarías do territorio: A Coruña, Sada, Lorbé e Mera.