Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

A Rede REMA celebrou unha reunión para tratar as actividades que se levarán a cabo nesta anualidade

 

  • No encontro telemático participou o xerente do GALP Golfo Ártabro Sur, Federico López Viñas, xunto con entidades do territorio deste GALP, como o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) e o Aquarium Finisterrae.

Os xerentes dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) de Galicia e os representantes dos 27 museos que forman parte da Rede REMA reuníronse esta semana para tratar as actividades que se levarán a cabo nesta anualidade.

O encontro realizouse de forma telemática e nel explicóuselles aos museos as accións que se van desenvolver ao longo da vindeira tempada. Á súa vez, analizouse o traballo de campo realizado ata a data, co obxectivo de recoller a información necesaria para o desenvolvemento das iniciativas programadas no marco deste proxecto. Tamén se presentou un borrador do deseño das miniguías para os museos que conforman a rede, así como se debateron as novas propostas de adhesión á Rede REMA.

Na reunión participou o xerente do GALP Golfo Ártabro Sur, Federico López Viñas, xunto con entidades do territorio deste GALP, como o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) e o Aquarium Finisterrae.

Rede REMA

O proxecto de cooperación Rede REMA, no que participan os 8 GALP galegos, constitúe unha rede que inclúe un total de 27 espazos museísticos ao longo de toda Galicia. Dentro desta inclúese a nova iniciativa Pasaporte REMA, coa que se pretende incentivar a visita a todos estes museos, percorrendo a costa galega, dinamizando deste xeito o proxecto e difundindo o contido da rede. Unha forma dinámica, atractiva e divertida de achegar á poboación o rico patrimonio mariñeiro.