O presente proxecto impulsado polo club de remo ten como finalidade fomentar a práctica do remo feminino, promover a igualdade e a inclusión social, conservar o patrimonio mariñeiro e sensibilizar á sociedade sobre a sustentabilidade ambiental e o respecto polo mar.
Para acadar estes obxectivos, o club propón a adquisición dunha nova traíña e palamenta, o que permitirá incorporar un maior número de mulleres ás competicións nas categorías absolutas e veteranas. A nova embarcación dará resposta ao crecemento do equipo feminino e á necesidade de ofrecer igualdade de oportunidades no acceso ao deporte, así como de mellorar as condicións de adestramento e competición.
O proxecto inclúe un completo programa de actividades complementarias, tanto deportivas como sociais, culturais e ambientais. Organizaranse regatas, saídas de remo para persoas con diversidade funcional, xornadas de concienciación contra a violencia de xénero, actividades educativas e medioambientais, talleres de tradición mariñeira e degustacións de produto local como o mexillón de Lorbé. Ademais, incluiranse accións de turismo náutico e visibilización do deporte a través das redes sociais e medios locais.
Esta iniciativa busca consolidar o papel do club como referente deportivo e social na comarca, promovendo o deporte tradicional galego como ferramenta de inclusión, cohesión comunitaria e desenvolvemento sostible.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
-
Fomentar o deporte feminino e visibilizar o papel das mulleres no ámbito náutico.
-
Impulsar a inclusión social de persoas con diversidade funcional a través do deporte.
-
Promover a igualdade de xénero e a loita contra a violencia machista.
-
Revalorizar o patrimonio cultural mariñeiro local e os oficios tradicionais.
-
Impulsar o turismo náutico sostible e a educación ambiental.
-
Concienciar sobre o cambio climático e fomentar accións de protección ambiental.
-
Apoiar a economía azul local promovendo produtos das confrarías do Golfo Ártabro Sur.
-
Crear emprego no ámbito deportivo e fomentar a empregabilidade xuvenil.
-
Reducir a pegada de carbono mediante medidas de eficiencia enerxética.
-
Aumento da participación feminina en competicións de remo tradicionais.
-
Organización de polo menos dúas regatas anuais no territorio.
-
Inclusión de colectivos vulnerables nas actividades do club (persoas con discapacidade, menores, etc.).
-
Realización de campañas e accións contra a violencia de xénero con impacto social medible.
-
Realización de talleres e charlas nos centros educativos sobre cultura mariñeira, igualdade e medio ambiente.
-
Recollida de residuos mariños e costeiros en colaboración coa cidadanía.
-
Mellora da visibilidade do produto local como o mexillón de Lorbé mediante degustacións nas regatas.
-
Conservación do patrimonio mariñeiro grazas á exposición de aparellos artesáns e cursos de mantemento.
-
Fomento do turismo náutico mediante saídas en traíña e actividades de verán.
-
Instalación de luces solares na traíña, mellorando a eficiencia enerxética e a sustentabilidade da embarcación.
-
Compra dunha nova traíña e palamenta para permitir a competición nas categorías absolutas e veteranas femininas.
-
Xornadas de convivencia arredor do remo abertas á cidadanía.
-
Organización de dúas regatas anuais incluídas no calendario oficial da liga galega.
-
Degustación de mexillóns de Lorbé en regatas para promover o produto local.
-
Charlas sobre violencia de xénero e saídas reivindicativas en traíña.
-
Saídas en traíña para persoas con discapacidade, en colaboración con entidades como Aspronaga.
-
Talleres de estrobos e nós mariñeiros, con enfoque en patrimonio cultural.
-
Actividades lúdico-deportivas para nenos/as e escolas de verán.
-
Saídas conxuntas co “barco Dragón” de Betanzos para visibilizar a loita contra o cancro.
-
Batidas de recollida de lixo no mar e praias, cunha compoñente de sensibilización ambiental.
-
Exposición de aparellos e fotografías antigas, divulgadas tamén en redes sociais.
-
Instalación de luces solares na traíña, como medida de eficiencia enerxética.
-
Actividade semanal de remo social e de ocio, aberta á veciñanza.
-
Promoción nas redes sociais e colaboración cos medios locais.
-
Charlas e actividades nos centros educativos, concienciando sobre o valor do mar e a cultura mariñeira.
Obxectivo estratéxico 4: Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola marítimo.
Obxectivo específico 4.1: Poñer en valor o benestar social e o patrimonio cultural como elemento dinamizador da diversificación da zona costeira, contribuíndo ao reforzo da identidade territorial, á proxección internacional e a dinamización social e turística.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

