Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Compra de vehículos para ampliar a cuota de negocio en relación a Galicia mediante a ampliación do número de clientes.

O proxecto ten como finalidade a adquisición de dous vehículos ecoeficientes destinados a reforzar a actividade comercial dunha empresa do sector pesqueiro, permitindo aos seus comerciais desprazarse con maior autonomía e capacidade para ampliar o volume de negocio e establecer unha relación directa coa clientela. Estes vehículos estarán dispoñibles para as tarefas diarias de promoción e venda dos produtos, así como para o transporte de materiais necesarios para o desenvolvemento da actividade.

A iniciativa non só contribúe á mellora da competitividade empresarial mediante a expansión das canles de comercialización, senón que tamén ten un importante compoñente ambiental. Os novos vehículos, ao ser máis eficientes e con menores emisións de CO₂, permitirán reducir o impacto da actividade comercial no medio ambiente e avanzar cara a un modelo de mobilidade sostible no sector.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Mariscos Terranosa SL
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Sociedade limitada
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao amparo da EDLP, aprobadas a os GALP no marco dos fondos FEMPA, correspondentes ao ano 2025.
Convocatoria - ano: 
2025
Data de aprobación: 
11/08/2025
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
7
Anualidades: 
2025
Data fin de execución: 
31/10/2025
Ámbito de aplicación: 

Golfo Ártabro Sur

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
29.350,39
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
29.350,39
Total axuda pública aprobada (€): 
14.675,20
% Subvención: 
50
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
10.277,63
FEMP (%): 
70
CA (€): 
4.402,56
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
8,08
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
0
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
  • Mellorar a eficiencia e operatividade do equipo comercial.

  • Ampliar a rede de distribución e comercialización do produto, chegando a novas zonas do territorio galego.

  • Reducir as emisións de CO₂ mediante o uso de vehículos ecoeficientes.

  • Consolidar a competitividade e profesionalización da empresa.

  • Ofrecer un servizo máis directo, próximo e personalizado aos clientes.

  • Contribuír á loita contra o cambio climático a través de solucións de mobilidade sustentable.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  • Incremento do número de clientes e da presenza da empresa en novas zonas do mercado galego.

  • Redución das emisións de carbono asociadas á actividade comercial da empresa.

  • Mellora na calidade da atención ao cliente, grazas á presencialidade e seguimento directo dos comerciais.

  • Consolidación do emprego vinculado á actividade comercial.

  • Optimización dos recursos loxísticos e comerciais, reducindo tempos de desprazamento e custos operativos.

  • Reforzo da imaxe da empresa como entidade comprometida coa sostibilidade ambiental.

Principais actividades do proxecto: 
  • Compra de dous vehículos comerciais ecoeficientes con baixa emisión de CO₂.

  • Incorporación dos vehículos á operativa comercial da empresa, asignados ao equipo de vendas.

  • Planificación e execución de novas rutas comerciais para dar a coñecer o produto en toda a xeografía galega.

  • Implementación dun sistema de seguimento para avaliar o impacto ambiental e comercial da medida.

  • Formación do persoal comercial sobre bo uso dos vehículos e atención ao cliente.

  • Comunicación e promoción da iniciativa como mostra do compromiso da empresa coa sostibilidade e a calidade.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo estratéxico 1: Aumento de valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación alimentaria do territorio. 

Obxectivo específico da EDLP: 

Obxectivo específico 1.2: Promover prácticas sostibles, mellora das condicións laborais e reducción da contaminación derivada da actividade pesqueira e acuícola. 

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)