Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Compra vehículo híbrido / Mejora instalaciones del local comercial / Mejora del programa de facturación / Compra de ordenador para la instalación del software facturación.

O proxecto consiste na adquisición dun vehículo híbrido para reparto da mercancía ampliando rutas de entrega a nivel local e provincial. Tamén se realizarán melloras das instalacións do local comercial para a instalación de aislante de PVC nas zonas da parece e evitar a humidade e o deterioro do local. 

Por outra banda, realizarase a compra dun programa informático para mellorar a xestión da empresa para provedores e clientes en relación coa facturación da empresa. 

Con todo isto, conséguese reducir a pegada de carbono, a mellora da eficiencia enerxética e o efecto do cambio climático. 

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Pescadería Sada SLL
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
-
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a proxectos ao amparo da EDLP do GALP na convocatoria 2024.
Convocatoria - ano: 
2024
Data de aprobación: 
01/07/2024
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
7
Anualidades: 
2024
Data fin de execución: 
31/10/2024
Ámbito de aplicación: 

Golfo Ártabro

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
43.589,85 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
43.589,85 €
Total axuda pública aprobada (€): 
21.794,93
% Subvención: 
50
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
15.256,45
FEMP (%): 
70
CA (€): 
6.538,48
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
3,5
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Os principais obxectivos son os seguintes: 

- Mellora de tempos e calidade do reparto dos produtos do mar, pois os clientes obteñen un beneficio na chegada dos produtos en mellor estado. 

- Mellora das instalacións do local, evitando humidade no mesmo e que afecte aos clientes e traballadores. 

- Aumentar o control e mellora a nivel de xestión do sistema de facturación e xestión de clientes e provedores, para a adaptación da nova normativa aplicable á facturación das empresas.

- Reducir a pegada de carbono e mellorar a eficiente enerxética, buscando minorar o efecto do cambio climático.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Os resultados esperados son os seguintes: 

- Aumentar a carteira de clientes ao poder ampliar a ruta de reparto e poder levar o produto con mellor calidade ao punto de entrega final

- Mellora nas instalacións a nivel visual e interno en canto a humidades coa correspondente mellora a nivel visual e de habitabilidade.

- Mellora da xestión a nivel interno dos procesos de facturación e pagos de clientes e provedores. 

Principais actividades do proxecto: 

As actividades principais son as seguintes: 

- Compra de vehículo híbrido: mellora medioambiental, mellora do estado de conservación do produto fresco dende a salida do local á entrega do cliente final. 

- Mellora das instalacións: mellora da humidade do no local, non só sendo unha mellora estética, senón que tamén a nivel saúde das traballadoras así como dos clientes baixando considerablemente a humidade do local. 

- Mellora na xestión e control de facturación: compra de software para o control e xestión de clientes e provedores mellorando a eficiencia na xestión en canto á calidade e rapidez, tendo en consideración a compra do equipo para dita xestión. 

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

OE 1 - Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio. 

Obxectivo específico da EDLP: 

1.1. Consolidar ao final do período de programación a cadea de valor do sector pesqueiro local, incrementando o valor engadido dos produtos do mar e da acuicultura a través de accións que implementen melloras, sexan sostibles e/ou innovadoras.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)