Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Creación do complexo turístico deportivo After Surf

Este proxecto está dirixido a impulsar unha nova fórmula de turismo no territorio do GALP Golfo Ártabro Sur, tentando paliar a estacionalidade. 
O que ten por obxectivo dar unha oferta centralizada na que se obteña: aloxamento, alimentación saudable, deporte, natureza e lecer. 
O seu principal característica é a innovación, buscando potenciar a interacción dun aloxamento turístico moderno e funcional nun emprazamento especial para facilitar a interacción da poboación deportista e turista co mar e a súa contorna. 
Este proxecto céntrase no crecemento económico, creación de emprego, concienciación do medio mariño e da necesidade de conservación, así como da inclusión social e a creación de sinerxias coa comunidade costeira, impulsando e diversificando as actividades turísticas vinculadas ao mar.
Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
After Surf SL
Datos de interese: 
https://www.facebook.com/aftersurfgalicia/
Perfil empresarial: 
Empresa privada
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobados para os grupoas de acción local do sector pesqueiro
Convocatoria - ano: 
2018
Data de aprobación: 
31/10/2019
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
30
Anualidades: 
2019-2020
Data fin de execución: 
31/10/2020
Ámbito de aplicación: 

Concello de Sada. O proxecto atraerá xente de toda a comarca de As Mariñas e a súa área de influencia

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
510.896,25
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
422.228,31
Total axuda pública aprobada (€): 
200.000,00
% Subvención: 
50
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
170.000,00
FEMP (%): 
85
CA (€): 
30.000,00
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
3
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
0
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O obxectivo xeral do proxecto é a posta en marcha dun negocio centrado na rehabilitación dun complexo turístico de referencia no concello de Oleiros, que integre a hostalería co deporte e a conexión co mar (interacción, divulgación, sensibilización e lecer) en formato pensión con realización de actividades deportivas náuticas neste concello e no concello de Arteixo, polas súas características para a práctica destes tipos de deportes e actividades. Búscase con este proxecto a innovación cara a unha oferta aglutinadora única na costa do GALP Golfo Ártabro Sur, buscando unha nova fórmula de maior valor engadido. O establecemento busca tamén potenciar a interacción dun aloxamento turístico moderno, funcional nun edificio de especial emprazamento para facilitar a interacción da poboación deportista e turística co mar e a súa contorna. Lógrase, por tanto, que o proxecto se centre no fomento dun crecemento económico, creación de emprego, concienciación do medio mariño e na necesidade da súa conservación, así como na inclusión social e a creación de sinerxias coa comunidade costeira, impulsando a diversificación das actividades turísticas vinculadas co mar.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Os obxectivos son os seguintes: Poñer en marcha unha nova fórmula hostaleira en Oleiros, combinando deporte, aloxamento e divulgación da cultura do mar, potenciando así a diversificación da economía local e a atracción e consolidación do turismo cara a unha maior desestacionalización do mesmo. Xerar novos empregos no ámbito de actividades locais diversificadoras, ao mesmo tempo que se dá máis impulso ao emprego directo e indirecto para a xerar tamén no territorio, dadas as demandas de servizos de soporte á actividade do proxecto (custos variables e unha parte importante de custos fixos) Sentar as bases dun novo modelo de turismo máis orientado ao lecer, o deporte e a convivencia, factores cada vez máis valorados pola poboación turista e local que posibilite unha maior desestacionalización do fluxo de visitantes ao territorio do GALP Golfo Ártabro Sur.

Principais actividades do proxecto: 

Neste proxecto levarán a cabo 3 actividades complementarias: 1- Pensión de 1 estrela Esta contará cun total de 24 prazas nun total de 27 habitacións, 4 delas de ata 4 prazas e os 3 restantes de dúas prazas. Esta pensión utilizarase para dar aloxamento tanto ás persoas visitantes que participen en actividades vinculadas ao goce de deportes náuticos promovidos desde After Surf como tamén para aqueloutras que simplemente queiran contar cun espazo e un emprazamento único e ideal para valorar a costa do Golfo Ártabro Sur. 2- Cafetería – Restaurante Tense previsto orientar a cociña para realizar produtos do mar de proximidade, rápidos e sinxelos, pero ao mesmo tempo que sirvan para potenciar o seu coñecemento e recoñecido prestixio. A leste terán acceso persoas que participen en actividades da escola de deportes náuticos, como nos campamentos organizados, así como tamén o público en xeral. 3- Escola de deportes náuticos Esta escola con espazo adaptado a persoas con diversidade funcional, contará con vestiarios e baños, ademais dunha zona cuberta ao aire libre para poder realizar os distintos exercicios necesarios para a organización das clases á beira do mar. O alumnado contará co material necesario e as actividades desenvolveranse nas praias de Oleiros e Arteixo. Así mesmo, contarase coas medidas de seguridade necesarias en caso de emerxencia durante as sesións prácticas das clases.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo estratéxico 2: Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara a novas actividades económicas

Obxectivo específico da EDLP: 

Obxectivo específico 2.1: Identificar ao final do período, ao Golfo Ártabro como un destino turístico de referencia a nivel ambiental, paisaxístico e mariñeiro, dentro do xeodestino Rías Altas.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)