Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Valores ambientais e culturais das Mariñas de Sada

Este proxecto ten como finalidade a realización dun documental audiovisual sobre os valores ambientais, culturais e históricos da Mariña sadense, cun enfoque divulgativo e educativo. A través dunha peza de aproximadamente 20 minutos de duración, preténdese poñer en valor o litoral de Sada, a súa biodiversidade mariña, os hábitats naturais, o patrimonio mariñeiro, así como os retos que afronta o territorio en termos de sostibilidade e conservación.

O documental servirá como ferramenta para conferencias, coloquios e charlas en centros educativos, culturais e profesionais da contorna, e será complementado con versións adaptadas a distintos formatos dixitais para a súa difusión a través das redes sociais. Esta estratexia permitirá chegar a públicos diversos —locais e visitantes, xuventude e poboación adulta— favorecendo unha mensaxe transversal de sensibilización ambiental, promoción da economía azul, posta en valor do produto local e orgullo polo legado mariñeiro. O proxecto busca, en definitiva, fortalecer a conexión co territorio e contribuír a unha maior conciencia colectiva sobre a necesidade de preservar e respectar o noso entorno mariño.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Sociedade Galega de Historia Natural
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Asociación sen ánimo de lucro.
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao amparo da EDLP, aprobadas a os GALP no marco dos fondos FEMPA, correspondentes ao ano 2025.
Convocatoria - ano: 
2025
Data de aprobación: 
13/08/2025
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
19
Anualidades: 
2025-2026
Data fin de execución: 
31/10/2026
Ámbito de aplicación: 

Golfo Ártabro Sur

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
12.100,00
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
12.100,00
Total axuda pública aprobada (€): 
12.100,00
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
8.470,00
FEMP (%): 
70
CA (€): 
3.630,00
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
0
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
  • Promover o coñecemento dos valores ambientais da Mariña sadense, poñendo en valor a súa biodiversidade, ecosistemas e recursos naturais.

  • Difundir o patrimonio cultural e mariñeiro, reforzando a identidade local e o respecto polas tradicións vinculadas ao mar.

  • Sensibilizar sobre as ameazas ambientais actuais (contaminación, perda de hábitats, cambio climático) e a necesidade dunha xestión sostible.

  • Contribuír á educación ambiental e mariñeira a través de materiais audiovisuais de uso en contextos formativos e divulgativos.

  • Fomentar a conciencia social sobre o potencial da economía azul e o consumo de proximidade como base para un futuro sostible no territorio.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  • Creación dun documental audiovisual divulgativo de 20 minutos, con versións adaptadas para diferentes plataformas dixitais.

  • Mellora do coñecemento local sobre o patrimonio ambiental e cultural da Mariña sadense.

  • Sensibilización da poboación local, especialmente das xeracións máis novas, sobre a importancia da conservación mariña.

  • Maior visibilidade dos recursos naturais, históricos e pesqueiros do territorio.

  • Fortalecemento da percepción da ría de Sada como espazo valioso e necesitado de protección.

  • Impulso ao turismo sostible e ao interese pola identidade mariñeira da zona.

Principais actividades do proxecto: 
  • Desenvolvemento e redacción do guión do documental.

  • Gravación de imaxes de fauna, flora, paisaxe terrestre e mariña, así como de entrevistas e tomas aéreas con dron.

  • Edición de vídeo e son en calidade profesional 4K.

  • Producción dunha versión principal do documental (15-20 minutos) e adaptacións curtas en formato “pílulas” para redes sociais.

  • Accións de presentación do vídeo en centros culturais e educativos, acompañadas de conferencias e coloquios.

  • Difusión en liña a través de redes sociais, páxinas web e canles dixitais.

  • Realización dunha xornada pública de estrea e difusión do proxecto.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo estratéxico 3: Impulso e aproveitamento do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluídas as operacións de mitigación do cambio climático. 

 

Obxectivo específico da EDLP: 

Obxectivo específico 3.1: Conseguir un sector pesqueiro máis resiliente, a través de prácticas profesionais sostibles.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)