Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Estudo e divulgación do medio mariño e costeiro no GALP GA Sur 2025

Este proxecto presenta un conxunto de actuacións integradas no litoral do GALP Golfo Ártabro Sur coa finalidade de promover a conservación ambiental, a valorización do medio mariño e a concienciación social. A través de seis actividades distribuídas en tres áreas de intervención —avaliación do medio, conservación e divulgación—, o proxecto procura investigar, restaurar e difundir os valores ecolóxicos e pesqueiros da zona. As actuacións inclúen a detección e mapeo de especies exóticas invasoras de flora, a retirada manual destas especies e de residuos, así como actividades formativas e experienciales, como faladoiros, saídas de campo e navegación a vela, que fomentan o coñecemento directo e o compromiso coa protección do medio mariño.

Con este enfoque integral, o proxecto aposta pola participación cidadá e a educación ambiental como eixos fundamentais para fomentar a sustentabilidade do litoral, a recuperación da biodiversidade e a promoción dun turismo náutico sostible e respectuoso co medio. Ademais, contribúe á valorización dos recursos pesqueiros locais e á sensibilización sobre o impacto do cambio climático e a importancia do consumo responsable, aliñándose cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, especialmente o ODS 14, Vida Submariña.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Grupo Naturalista Hábitat
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Asociación declarada de utilidade pública
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao amparo da EDLP, aprobadas a os GALP no marco dos fondos FEMPA, correspondentes ao ano 2025.
Convocatoria - ano: 
2025
Data de aprobación: 
13/08/2025
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
19
Anualidades: 
2025-2026
Data fin de execución: 
31/10/2026
Ámbito de aplicación: 

Territorio GALP Golfo Ártabro Sur a excepción de A Coruña

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
51.434,34
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
50.103,49
Total axuda pública aprobada (€): 
50.103,49
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
35.072,44
FEMP (%): 
70
CA (€): 
15.031,05
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
20
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
  • Identificar, cartografar e controlar as especies exóticas invasoras de flora na zona costeira, contribuíndo á conservación dos ecosistemas autóctonos.

  • Mellorar a calidade ambiental do litoral mediante a retirada de residuos e a recuperación da biodiversidade.

  • Fomentar a participación activa da cidadanía e dos colectivos locais en accións de conservación ambiental.

  • Sensibilizar e formar á sociedade sobre a importancia da conservación do medio mariño, os recursos pesqueiros e o impacto dos residuos e o cambio climático.

  • Impulsar experiencias educativas e de divulgación que acheguen o medio mariño á poboación local e visitantes.

  • Promover a sustentabilidade, o uso de enerxías renovables e a desestacionalización do turismo a través do turismo náutico de natureza.

  • Contribuír ao cumprimento do Obxectivo de Desenvolvemento Sostible nº 14: Vida Submariña.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  • Creación dunha base de datos xeorreferenciada e mapas actualizados das EEI de flora que afectan o litoral do Golfo Ártabro Sur.

  • Redución significativa da presenza das EEI de flora grazas á retirada manual e campañas de control, favorecendo a recuperación dos hábitats naturais.

  • Mellora da calidade ambiental costeira coa eliminación e clasificación de residuos, acompañada dun aumento da conciencia ambiental.

  • Incremento do coñecemento e compromiso ambiental da sociedade local e dos sectores vinculados ao medio mariño a través de faladoiros, saídas de campo e actividades de sensibilización.

  • Consolidación dun turismo náutico innovador e sostible mediante experiencias piloto con embarcacións a vela, promovendo o desenvolvemento económico local respectuoso co medio.

  • Incremento da participación social sen discriminación, promovendo unha xestión activa e responsable do patrimonio natural costeiro.

Principais actividades do proxecto: 

Área A. Avaliación do medio:

Detección e mapeo das EEI de flora terrestre en 6 concellos costeiros (72 xornadas de campo).

Área B. Conservación do medio:
Retirada manual de EEI de flora con voluntariado e actividades formativas (12 xornadas).
Recollida, clasificación e eliminación de residuos en espazos naturais coa colaboración de voluntarios (12 xornadas).

Área C. Divulgación:
Faladoiros divulgativos e formativos sobre medio mariño, recursos pesqueiros e conservación, dirixidos a centros escolares, confrarías, clubs deportivos e asociacións (12 sesións).
Saídas interpretativas de campo para o coñecemento dos ecosistemas mariños e costeiros locais (12 roteiros).
Saídas en barco veleiro para experiencias piloto de turismo náutico de natureza, fomentando o compromiso coa conservación e o uso de enerxías limpas (4 saídas).

Todas as actividades están deseñadas para garantir a inclusión e participación aberta da sociedade en xeral, promovendo a non discriminación e a accesibilidade.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo estratéxico 3: Impulso e aproveitamento do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluídas as operacións de mitigación do cambio climático. 

Obxectivo específico da EDLP: 

Obxectivo específico 3.1: Conseguir un sector pesqueiro máis resiliente, a través de prácticas profesionais sostibles.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)