O proxecto consiste na adquisición da maquinaria necesaria para introducir no mercado embarcacións de traballo e recreo, que ao acabar a súa vida útil, poidan ser tratadas (cun coste enerxético e económico sostido) e recicladas como material para a construcción de novas embarcacións.
Este proxecto nace como solución a unha problemática actual, económica e ambiental, xerada polas embarcacións con casco de PRFV (poliéster reforzado con fibra de vidro). Como contraposición o proxecto propón a construcción de embarcacións con HDPE (polietileno de alta densidade), que acabada a vida útil, convértese nun produto facilmente reciclable mediante procedementos enteiramente mecánicos, polo que o seu procesado ten un coste enerxético e material contido.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Os principais obxectivos do proxecto son os seguintes:
- Fomentar o emprego no tecido produtivo local
- Fomentar a produción de proximidade en momentos de incertidume nas importacións
- Promover a innovación no proceso de deseño dunha embarcación construída mediante rotomoldeo que facilita a xestión de resuduo tras o fin da súa vida útil
- Fomento da economía circular mediante o reciclaxe en altos porcentaxes de material principal de construcción.
Os resultados esperados son os seguintes:
- Apertura dunha nova liña de produción que nos permita ser máis competitivos na construcción de embarcacións de traballo e de ocio en polietileno reciclado.
-Redución dos tempos de construcción
- Diminución do consumo global de enerxía no proceso
- Diminución do refugallo de polietileno de sobrantes, restos de cortes etc, pois entraría de novo no ciclo de producción
- A posibilidade de xestionar refugallos de polietileno de outras orixes distintas ás propias
As actividades que se van realizar son as seguintes:
- Procesar mecánicamente restos de material de boias, antigas embarcacións e calquera elemento fabricado con polietileno de alta densidade (PEAD) que teña rematado a súa vida útil co fin de ser reincorporado como material reciclado na construcción de novas embarcacións.
- Fabricar embarcacións utilizando polietileno de alta densidade con material reciclado a partir do proceso de rotomoldeado. Realización de moldes como modelos de embarcacións por medida de eslora. Emprego de forno específico para facilitar o reparto homoxéneo do material polos moldes.
OE 2 - Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fora do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas.
2.1. Reducir o impacto das actividades realacionadas co mar e promover iniciativas de economía circular, economía azul, benestar social e seguridade litoral.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

