
O plan consiste na realización dun estudio de inventario da situación actual da sinalización e información turística e cultural mariñeira do Concello de Sada e a súa posterior proposta de nova sinalización para mellorar a imaxe turística e cultural mariñeira de Sada de:
- Sinalización e paneis interpretativos das infraestructuras de acceso a recursos e produtos turísticos, así como a sinalización e paneis explicativos, tendo en conta a súa distribución por parroquias e localización.
- Rutas e sendeirismo. Revisión física de cada ruta, da sinalización direccional e dos paneis interpretativos. Comprobarase o trazado, alternativas e referencia GIS e os paneis interpretativos.
- Material de promoción turística. Inventario cualitativo de tipo de elemento, formato, soporte e antigüedade.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Debido ao deterior, carencia ou obsolescencia dos elementos de sinalización física (paneis interpretativos, sinaléctica de recursos) e tamén dalgúns dos contidos do material impreso e da presenza dixital, faise indispensable realizar un profundo estudo da sinalización turística e cultural mariñeira que permita coñecer a situación real e as actuacións necesarias para optimizar os recursos, co fin de mellorar a experiencia do visitante e promover a conservación e valorización do patrimonio marítimo-cultural local, como paso necesario para avanzar nun posicionamento que permita visibilizar de forma coherente e atractiva os recursos do municipio como destino de referencia do territorio do Golfo Ártabro Sur.
Establecer o Plan director para mellorar a sinalización e divulgación do patrimonio cultural mariñeiro de Sada no que se inclúa a necesidade de que a información e os paneis poidan ser receptivos por persoas con diversidade funcional.
Impulso ao turismo sostible: Unha mellor sinalización e dispoñibilidade de información sobre o patrimonio cultural mariñeiro pode contribuír a un turismo máis sostible ao fomentar o respecto pola contorna mariña e as comunidades locais, permitíndolle comprende mellor a súa importancia histórica e cultural.
Promoción do patrimonio local: O estudo pode axudar a destacar e promover o patrimonio cultural local relacionado co mar, o que podería xerar un maior interese na comunidade e entre os visitantes.
Pode estimular a creación de emprego e desenvolvemento económico local a través do turismo.
Conservación e preservación destas tradicións a longo prazo, asegurando que se transmitan ás xeracións futuras.
As actividades do proxecto son:
- Sinalización e paneis interpretativos das infraestructuras de acceso a recursos e produtos. Crearase un inventario nun arquivo editable e actualizable, que permita a organización dos elementos de información e sinalización turística e cultural mariñeira de Sada.
- Revisión física de cada ruta de sendeirismo e de rutas urbanas guiadas. Valoración do estado do percorrido con propostas de mellora que inclúan accesibilidade a persoas con discapacidade. Grabación e edición dos tracks das rutas coas súas derivacións e variantes.
- Revisión e análise do material de promoción turística online e offline. Elaboración dun informe que conterá un inventario cualitativo da web e dos folletos de promoción, onde aparecerá a información sobre o tipo de elemento, formato, soporte e antigüedade.
Obxectivo estratéxico 4. Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo.
Obxectivo específico 4.1. Poñer en valor o benestar social e o patrimonio cultural como elemento dinamizador da diversificación da zona costeira, contribuíndo ao reforzo da identidade territorial, á proxección internacional e a dinamización social e turística.
Actuación 4.1.1.. Empregar o patrimonio cultural como reclamo para unha oferta turística que reforce o benestar e a identidade pesqueira do territorio.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

