Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

GALP8-047 MARIDAR: 1º Encontro de produtores de mar e terra das Mariñas

 


 
1º Encontro de Produtores de Mar e Terra das Mariñas Maridar é o Iº Encontro de productores do mar e da terra que se leva a cabo na comarca de As Mariñas da man da Federación de Asociacións Empresariais de As Mariñas (FAE). Ao longo de tres días: 18, 19 e 20 de outubro de 2019, celebraránse, no marco da exaltación dos produtos propios da Comarca das Mariñas, diversas actividades e encontros para desfrutar da diversidade de sabores que ofrecen os produtores e produtos da Comarca. Teremos presentación de produtos locais, presenza de produtores da zona, encontros entre produtores, obradoiros de cociña, conferencias, actividades para nenos e nenas, demostracións gastronómicas, premios ós emprendedores de As Mariñas,… todo iso, coa vocación de combinar o mar e a terra, os produtos do mar e os da terra. 18,19 e 20 de Outubro no Espazo Multiusos do Paseo Marítimo do Burgo no Concello de Culleredo