O Club Náutico de Sada presenta un proxecto para a construción dun polipantalán accesible na zona portuaria próxima á antiga nave de redes de Sada, edificio restaurado e convertido en punto neurálxico da actividade náutica e social. Esta nova infraestrutura flotante e multifuncional dará servizo a embarcacións de remo e vela lixeira, con especial atención á accesibilidade universal e ao uso por parte de persoas con mobilidade reducida.
A proposta busca optimizar un espazo portuario con escaso calado xa concesionado por Portos de Galicia, mediante unha instalación adaptada que permita un acceso seguro, cómodo e inclusivo, aliñándose cos principios de sostenibilidade e integración social. A infraestrutura estará conectada enerxeticamente coa sede social do club mediante subministración fotovoltaica, e será construída con materiais ecolóxicos de alta durabilidade.
Este proxecto pretende converter a Sada nun referente da náutica accesible e sostible, xerando un retorno social elevado, promovendo o turismo náutico, facilitando a práctica deportiva a colectivos vulnerables e fomentando o coñecemento e respecto polo medio mariño e o patrimonio marítimo.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
-
Promover a práctica do deporte náutico accesible e inclusivo, especialmente remo e vela lixeira
-
Eliminar barreiras de acceso ao mar para persoas con mobilidade reducida ou diversidade funcional
-
Fomentar hábitos saudables entre a mocidade mediante actividades deportivas e educativas
-
Facilitar o acceso á náutica a colectivos vulnerables, incluíndo maiores e persoas en risco de exclusión
-
Dinamizar a economía local a través do turismo náutico sostible e da pesca-turismo
-
Pór en valor o patrimonio marítimo e arquitectónico do porto de Sada
-
Promover a educación ambiental, o uso responsable dos recursos e a eficiencia enerxética
-
Ampliación da oferta náutica e aumento da participación cidadá na práctica deportiva
-
Acceso real e efectivo á náutica por parte de colectivos con necesidades especiais
-
Fortalecemento da economía azul local a través do turismo náutico e da formación
-
Promoción do coñecemento do mar, do seu coidado e do aproveitamento sostible dos recursos
-
Redución da pegada de carbono grazas ao uso de enerxías renovables e materiais sostibles
-
Creación de emprego vinculado á xestión, mantemento e dinamización da nova infraestrutura
-
Consolidación de Sada como destino de referencia na náutica accesible, inclusiva e sustentable
-
Construción e instalación dun polipantalán flotante multifuncional, accesible e adaptado a distintos tipos de embarcacións
-
Instalación dunha rampa de acceso cunha pendente igual ou inferior ao 11 %, adecuada para persoas con mobilidade reducida
-
Posta en marcha de actividades formativas e deportivas en colaboración con centros educativos, cofrarías e asociacións locais
-
Desenvolvemento de programas de remo e vela adaptada para maiores e persoas con diversidade funcional
-
Creación de espazos interxeracionais de transmisión de coñecemento entre xubilados do mar e novas xeracións
-
Organización de accións de divulgación ambiental, maridaxes mariños e promoción de produtos do mar
-
Instalación de sistemas de subministración eléctrica con enerxía solar desde a sede do club
-
Sesións de acompañamento dixital para maiores e apoio á carpintaría de ribeira e ao mantemento de embarcacións tradicionais
Obxectivo estratéxico 2: Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fora da pesca artesanal, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas.
Obxectivo específico 2.1: Reducir o impacto das actividades relacionadas co mar e promover iniciativas de economía ciruclar, economía azul, benestar social e seguridade litoral.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

