
O xoves 20 de outubro organizamos a xornada “Oficios do mar” na ETS de Náutica e Máquinas da UDC
A axenda do mes de outubro preséntase intensa para o GALP Golfo Ártabro Sur xa que, durante todas as semanas, temos actividades públicas relacionadas cos nosos proxectos de cooperación ou ben eventos propios.
AXENDA DE OUTUBRO
4-5: famtrip do noso proxecto de cooperación RIMARTES (www.rimartes.com)
7: reunión do proxecto de cooperación REMA (Rede de Museos do Eixo Atlántico) en Asturias (www.redrema.eu)
10: taller do proxecto de cooperación Pescaconciencia na nosa sede en Sada
13: xornada de ecoturismo da Reserva da Biosfera na nosa sede en Sada.
14: clausura do noso proxecto de cooperación Relevo2. Mocidade a bordo (https://arenariacoordinacion.com/relevo2)
20: xornada "Oficios do mar" organizada polo GALP Golfo Ártabro Sur na ETS de Naútica e Máquinas da Universidade da Coruña.
Atentos ás nosas redes, onde iremos informando daquelas actividades abertas ao público para que poidades asistir!