O proxecto “Mar de Sorrizo” ten como finalidade recuperar, conservar e poñer en valor o patrimonio mariñeiro do Concello de Arteixo, tanto material coma inmaterial, a través de accións que combinen divulgación, formación e dinamización social. O eixo do proxecto será o centro de interpretación situado na antiga nave de Sorrizo, recentemente rehabilitada, que actuará como espazo vivo para a transmisión de saberes, oficios e tradicións ligadas ao mar.
A iniciativa desenvolverase ao longo de tres anualidades (2025-2027) e incluirá actuacións como a construción dunha réplica dunha chalana —embarcación tradicional con forte presenza histórica na zona—, a restauración de artes de pesca tradicionais, e a posta en marcha de talleres participativos dirixidos a diversos públicos. Tamén se crearán contidos didácticos adaptados, materiais divulgativos e accións de comunicación que reforcen a identidade mariñeira e a importancia da sustentabilidade ambiental.
Especial atención prestarase á visibilización do papel das mulleres no mundo do mar, integrando esta perspectiva en todas as actividades do proxecto, co obxectivo de fomentar a igualdade e dar voz á historia silenciada de moitas profesionais do sector pesqueiro.
“Mar de Sorrizo” nace como unha proposta aberta á comunidade, que busca fortalecer o vínculo entre a cidadanía e o seu entorno mariño, revitalizando a cultura local e dinamizando o territorio a través do patrimonio marítimo e da súa dimensión educativa, social e turística.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Obxectivo xeral:
-
Recuperar e divulgar o patrimonio cultural mariñeiro do Concello de Arteixo e poñer en valor o centro interpretativo “Mar de Sorrizo”.
Obxectivos específicos:
-
Conservar e difundir os oficios e tradicións ligados ao mar, incluíndo embarcacións e artes de pesca.
-
Fomentar a educación ambiental e o coñecemento do medio mariño local.
-
Impulsar o turismo cultural e sostible vinculado ao patrimonio marítimo.
-
Sensibilizar en igualdade, destacando o papel das mulleres no ámbito mariñeiro.
-
Promover a implicación da comunidade local na protección do seu patrimonio.
-
Aumentar a visibilidade e uso do centro “Mar de Sorrizo” como espazo de referencia da cultura mariñeira.
-
Incrementar o coñecemento da poboación local sobre o patrimonio vinculado ao mar.
-
Mellorar a sensibilización ambiental grazas ás actividades formativas e divulgativas.
-
Reforzar a identidade mariñeira do territorio e a súa transmisión a novas xeracións.
-
Promover o turismo sostible a través de contidos e actividades atractivas arredor do patrimonio cultural e natural.
-
Construcción dunha réplica dunha chalana tradicional que se exhibirá no museo.
-
Restauración de aparellos tradicionais de pesca (nasas, tramallos, cestas…) e partes de embarcacións.
-
Deseño e produción de material didáctico (300 cadernos adaptados a diferentes públicos).
-
Xeración de contidos audiovisuais e gráficos sobre a cultura mariñeira local e os procesos realizados.
-
Accións de comunicación: notas de prensa, redes sociais, difusión dixital e paneis expositivos exteriores.
-
Realización de talleres formativos sobre carpintería de ribeira, artes de pesca tradicionais, sustentabilidade e educación ambiental.
-
Instalación dunha exposición permanente no museo con pezas restauradas e materiais divulgativos.
Obxectivo estratéxico 4: Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo.
Obxectivo específico 4.1: Poñer en valor o benestar social e o patrimonio cultural como elemento dinamizador da diversificación da zona costeira, contribuindo ao reforzo da identidade territorial, á proxección internacional e a dinamización social e turística.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

