Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Mellora da producción do xeo mediante o sistema de refrixeración do silo

O proxecto consiste na adquisición e instalación dun sistema de refrixeración do silo situado no interior da Lonxa de Sada. Isto permitirá acadar unha mellora na produción do xeo, evitando o compactamento do xeo e facendo que este alcance unha mellor calidade. Gracias a isto poderán empregar o xeo tódolos pescadores de pesca costeira artesanal para todo tipo de peixes.

Realización dunha xornada sobre o coidado dos recursos mariños para o seu coidado e conservación, que permita ofrecer un mellor servizo. Tamén se darán a coñecer outros proxectos subvencionados dende os fondos FEMP, o patrimonio marítimo pesqueiro que alberga a confraría de Sada, a importancia do relevo xeracional e o papel da muller no sector do mar, impulsando o seu valor.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
-
Datos de interese: 
https://www.lonxasgalegas40.gal/sada/es
Perfil empresarial: 
-
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a proxectos ao amparo da EDLP do GALP na convocatoria 2023.
Convocatoria - ano: 
2024
Data de aprobación: 
24/04/2024
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
8
Anualidades: 
2024
Data fin de execución: 
31/10/2024
Ámbito de aplicación: 

Golfo Ártabro

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
33126,39
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
33126,39
Total axuda pública aprobada (€): 
33126,39
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
23188,47
FEMP (%): 
70
CA (€): 
9937,92
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
1,2
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Os obxectivos do proxecto son: 
- mellora do xeo para o seu uso na pesca costeira artesanal.
- mellora enerxética  na fabricación do xeo
- mellora no silo para que o xeo sexa de mellor calidade.
- disminución do consumo enerxético e diminución da pegada de carbono.
- mellora da comercialización dos produtos do mar.
- mellora da calidade do peixe.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Os resultado esperados son:
-Fomento do relevo xeneracional
-Poñer en valor o papel da muller no mundo do mar.
-Mellora da calidade dos produtos
-Mellora da comercialización 
-Aumento do número de usuarios dos servizos
-Favorecer a pesca costeira artesanal
 

Principais actividades do proxecto: 

A principal actividade a desenvolver polo proxecto, é a instalación dun sistema de refrixeración do silo, que se encontra no interior da Lonxa de Sada. 
 
Tanto o interese no desenvolvemento do proxecto ao igual que os beneficiarios, son puramente coletivos. Isto é, dos anteriores proxectos que se levaron a cabo mediante fondos FEMP e FEMPA, beneficiaronse tanto aqueles usuarios lacais do concello de Sada, como aqueles procedentes doutras partes da ría, coma Lorbé, Ares, Pontedeume, Miño... Polo tanto, a adquisición deste sistema será de utilidade para moitos usuarios. 
 
 
Na mellora da comercialización dos produtos da lonxa, cabe destacar a mellora da calidade daqueles produtos do mar cando morren por inmersión en agua con xeo axudando ó cumplimento da lei do benestar animal. Polo tanto, esta mellora na producción de xeo tamén e unha demanda daqueles produtores de pesca costeira artesanal que con esta mellora poderán ver un aumento no prezo de venda dos seus produtos.
 
A mellora na calidade do xeo fará que sexa unha vantaxe para todos os usuarios da lonxa e máis nos últimos tempos coas melloras continuadas que vamos tendo na lonxa e cada vez maís usuarios doutros portos do Golfo Ártabro vense atraídos polos servizos que se dan nesta lonxa. Este ano 2023 novos usuarios utilizaron de forma habitual esta lonxa, como novos usuarios de Ares, Laxe e Malpica de Bergantiños.
 
É necesario facer didáctica da nosas accións, e por iso pretendemos facer unha charla dirixida a profesionais e a outras entidades para falar  sobre o coidado dos recursos mariños para a súa mellor comercialicación e mellor servizo ós socios así como poder impulsar o papel da muller no mundo do mar. Nesta charla daremos a coñercer os proxectos financiados polo GALP  e o  importancia de  dar  a coñecer o patrimonio da Lonxa de Sada como é  "a rula". 
 
 
Ademáis, tendo en conta que aqueles usuarios dos vivieros, isto é aqueles ou aquelas que se dediquen á pesca costeira artesanal, veranse beneficiados tamén d sistema de refrixeración do silo ao precisar do xeo para os produtos dos viveiros e destinados á venta. 
 
Con este servizo axudaremos a optimizar os recursos enerxéticos e un ben tan fundamental como é a auga, optimizando o seu consumo.
 
Como incidimos na mellora enerxética dun proceso que consume moita enerxía, con esta mellora axudamos a disminución da pegada de carbono.
 
Ademáis como eixo fundamental nos obxectivos desta confraría están dotar todas as medidas para evitar a discriminación social, para formentar a igualdade de xénero e axudar ó relevo xeneracional.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo estratéxico 1. Aumento de valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en tódalas fases da cadea de producción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe desetes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio. 

Obxectivo específico da EDLP: 

Obxectivo específico 1.1: Consolidar ao final do período de programación a cadea de valor do sector pesqueiro local, incrementando o valor engadido dos produtos do mar e da acuicultura a través de accións que implementen melloras, sexan sostibles e/ou innovadoras. 

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)