Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Mellora e diversificación na comercialización e na loxística dos nosos productos frescos e de proximidade

O proxecto consiste en medidas que permitan diversificar, mellorar e modernizar os procesos de comercialización e venda de parte dos nosos productos locais (pescado e marisco). Desta forma, posibilitarase que una parte das capturas sexan destinadas directamente á venda (á hostalaría e aos consumidores finais) mellorando así a conta de resultados do negocio mentres que outra parte vai ao canal de comercialización tradicional que se tiña ata o de agora. 

O feito de poder realizar esta diversificación ven determinado pola magnífica oportunidade que representa completar o noso negocio a través da introducción de procesos loxísticos e de marketing online que posibilitan estes procesos sen unha inversión demasiado grande.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Emilio Méndez Gómez
Datos de interese: 
https://www.mariscosemiliomendez.com/
Perfil empresarial: 
Empresario privado
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobados para os grupoas de acción local do sector pesqueiro
Convocatoria - ano: 
2017
Data de aprobación: 
23/11/2017
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
11
Anualidades: 
2
Data fin de execución: 
31/10/2018
Ámbito de aplicación: 

Ten un abano moi amplo, porque a información transmitese a través de internet e redes sociais, podendo chegar a calquea punto do mundo.

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
33.965
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
28.070,25
Total axuda pública aprobada (€): 
14.035,125
% Subvención: 
50
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
11.929,87
FEMP (%): 
85
CA (€): 
2.105,26
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
4
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
0
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O proxecto consiste en medidas que permitan diversificar, mellorar e modernizar os nosos procesos de comercialización e venda de parte dos nosos produtos locais (peixe e marisco). Desta forma, posibilitaremos que unha parte das capturas sexan destinadas directamente á venda (á hostalería e aos consumidores finais) mellorando así a conta de resultados do negocio mentres que outra parte vaise á canle de comercialización tradicional que se tiña ata o de agora. O feito de poder realizar esta diversificación vén determinado pola magnífica oportunidade que representa completar o noso negocio a través da introdución de procesos loxísticos e de Marketing  online que posibilitan estes procesos sen un investimento demasiado grande.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
Os resultados previstos son os seguintes: 
- Mellora na promoción de produtos e acceso a novos clientes.
- Incremento da capacidade loxística de comercialización do autónomo
- Aumento da capacidade de achegar unha mellor oferta de produtos para as novas necesidades do cliente. 
- Utilización das TIC’ s para mellorar a capacidade comercial dos produtos. 
- Modernización do modelo loxístico e comercializador do autónomo.
- Mellora na presentación e entrega dos produtos. 
- Mellora na comercialización de proximidade.
- Redución da marca de carbono grazas á nova forma de comercialización loxística e a de potenciar o consumo de proximidade.
- Incremento das posibilidades de restauración de proximidade no consumo de peixe e marisco da comarca.
- Adaptación á nova realidade dos consumidores
Principais actividades do proxecto: 
A forma de completar o negocio tradicional (é crear así unha parte propia de comercialización feita por nós mesmos) conséguese grazas á introdución das seguintes medidas: 
a) Introdución de medidas de comercialización directa e de márketing  online:
Conséguese a través de: 
- Desenvolvemento dunha páxina web (na que se venderán os nosos produtos a través da rede)
- Realización dunha campaña (modesta) de promoción en redes sociais dos nosos produtos (que trate de dinamizar a web e mellorar o coñecemento dos nosos produtos na  bisbarra)
- A través de técnicas de posicionamento (SÉ e  SEM) da páxina (orientada tamén a mellorar a visibilidade e o coñecemento na rede da páxina e os seus produtos. 
O obxectivo último é mellorar a capacidade de chegada ao consumidor final e á hostalería dunha maneira que podamos facerlles chegar unha oferta máis moderna, ter presenza na rede e adaptarnos ás novas necesidades do consumidor e dos seus hábitos de compra. 
b) Introdución de procesos loxísticos que permitan a distribución dos produtos na comarca.
Inclúe a necesaria e imprescindible adquisición dunha furgoneta que permita levar a cabo unha nova forma de comercialización e loxística directa dos produtos pescados polo propio autónomo. A furgoneta que se pretende adquirir está equipada con cabina  isotérmica que posibilitará a loxística do produto nas mellores condicións, tanto sanitarias como de presentación e conservación. 
Este importante paso tamén leva consigo outras vantaxes moi importantes: Reducir a marca do carbono, incrementar a capacidade de venda, achegar dunha forma directa nosa oferta ao consumidor, posibilitar a venda directa á hostalería, mellorar a conservación dos produtos, incrementar as posibilidades de preparación do peixe, etc.  
c) Introdución de procesos de preparación, elaboración e presentación de peixe e marisco.
Para poder entrar a un mercado tan competitivo, necesariamente tamén temos que introducir un novo proceso consistente en clasificar, preparar, elaborar, envasar, limpar, poñer en caixas… os produtos. Estes traballos indispensables realízanse de maneira directa por parte do persoal e posibilitará que ademais da comercialización, a loxística e a promoción de produtos, a súa presentación sexa moito máis coidada. 
O obxectivo último do proceso, ademais de comercializar produtos de proximidade de altísima calidade directamente ao consumidor, é primordial que isto se faga cunha presentación coidada e poñendo en valor os produtos que temos.  
d) Desenvolvemento de accións publicitarias e promocionais.
Trátase de desenvolver actuacións encamiñadas a dar a coñecer os nosos servizos de venda directa que se prestan a través de modestas actuacións como: 
- Campaña tradicional: Realización dunha pequena campaña de promoción dos nosos produtos a través da realización de publicidade tradicional orientada principalmente á hostalería da provincia, que posibilite o coñecemento dos novos servizos que prestamos e dean a coñecer os nosos produtos. 
- Campaña nas redes sociais. A campaña tradicional compleméntase con esta campaña máis orientada aos consumidores finais da nosa área de influencia para que coñezan e poidan comprar a través da nosa web. 
 
Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 
Obxectivo estratéxico 1: Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción da mocidade, en especial a través do aumento de valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de valor fornezo dos produtos pesqueiros; e garantía dunha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
 
 
Obxectivo específico da EDLP: 

Obxectivo específico 1.1.: Consolidar ao final do período de programación a cadea de valor do sector pesqueiro local. 

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)